Descrición xeral |
Esta materia pretende favorecer a reflexión, a formación e o compromiso cos valores, os dereitos humáns e da infancia. É moi necesario que desde idades temperás se eduque nuns valores básicos de convivencia que contribuian a fomentar o diálogo, o respeto, a empatía, etc., tanto nas aulas como na sociedade. A escola, ademáis de centrarse na adquisición dos coñecementos, debe interesarse pola formación de valores que posibiliten aos pequenos e pequenas o seu desenvolvemento como seres humáns e sexan quen de tomar as decisións axeitadas diante das distintas problemáticas que se lles presenten nun futuro. O mestres e mestras deben ser conscientes da súa responsabilidade no traballo diario cos valores así como da formación que a sociedade lle esixe de cara a promover unha cidadanía democrática, activa, respetuosa e responsable. |
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
A) Alumnado con adicación completa:
-Sesión maxistral
-Traballos tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación)
-Atención personalizada
-Presentacións orais (computa na avaliación)
B) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia e Alumnado de continuación de estudios:
- Traballo tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
Alumnado con adicación completa, Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, Alumnado de continuación de estudios:
-Proba de ensaio (non se realizará xa que a avaliación destes coñecementos se incorpora a metodoloxía de Traballos tutelados e as presentacións orais)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Farase uso de titorías e/ou comunicación virtual seguindo a normativa vixente a través de:
-Correo electrónico: Diario. Para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas ou resolver cuestións puntuais que non se contemplan na Guía Docente. Tratarase de canalizar a resposta dos correos ás franxas de horario establecido, dedicado a atención de alumnado e titorías.
-Moodle: Según a necesidade do alumnado. Nas datas sinaladas de entrega de traballos para a avaliación.
-Teams: 1 sesión semanal en gran grupo na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade. De 1 a 2 sesións semanais (en pequeno grupo de 6 persoas máximo) e segundo as necesidade do alumnado, en horario de titorías para o seguimento e apoio dos distintos traballos no desenvolvemento da materia. Tamén poderá servir para a entrega de traballos, sempre que se acorde.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación realizarase por medios telemáticos.
-Traballos Tutelados (80%). Facilitaranse pautas que permitan a elaboración dos mesmos sobre distintos contidos e aspectos da materia. Valorarase:
-Estructura: aspectos formaris, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
-Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de fontes complementarias e actuais.
-Exposicións orais (20%) de algúns dos traballos tutelados, no que se terá en conta:
Orden na exposición; relevancia e organización dos contidos expostos; coordinación na exposición (que reflecta un traballo colaborativo no caso de ser grupal e, en todo caso, que non sexa unha suma de partes); nivel de comprensión dos contidos básicos; claridade expositiva e corrección lingüística; creatividade (presentacións suxestivas, motivadoras, boa posta en escea...); uso de diferentes recursos dixitais.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mismas figuras que na Guía Docente. A información necesaria para o desenvolvemento da materia estará dispoñible no moodle dende o principio do cuadrimestre. A avaliación poderá flexibilizarse segundo estime pertinente a docente responsable da materia.
A) Alumnado con adicación completa:
- Asisitencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%.
- Elaboración e presentación de traballos en pequeno grupo (5-6 persoas)
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida ós mesmos criterios que a de xuño e so se repetirá aquela parte que non acade o 50% da puntuación. A nota final será a suma de todas as actividades de avaliación pero habendo acadado como mínimo o 50% en cada actividade.
5. A realización fraudulenta (plaxio) das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspesno "0" na materia na oportunidade correspondente.
B) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a NORMA QUE REGULA O REXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012) e Alumnado de continuación de estudios:
- Elaboración e presentación de traballos en pequeno grupo ou individuais, segundo os casos.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
2. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
3. A oportunidade de xullo estará sometidaaos mesmos criterios que a de xuño e so se repetirá aquela parte que non acade o 50% da puntuación. A nota final será a suma de todas as actividades de avaliación pero habendo acadado como mínimo o 50% en cada actividade.
5. A realización fraudulenta (plaxio) das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspesno "0" na materia na oportunidade correspondente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Dispoñen de enlaces e de materiais dixitalizados no Moodle. |