Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Investigación e avaliación da calidade de proxectos educativos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A23 A24 A25 A26 A30 B2 B11 B12 C1 C6 C8 Os contidos abordados nas sesións expositivas avaliaranse mediante unha proba mixta.

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.
50
Proba práctica A24 A25 A26 A29 A30 B2 B5 B10 B11 B12 B13 C6 C1 A metodoloxía de traballos tutelados porase en práctica nas clases interactivas.
- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).
- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso en que se lle solicite, que será rotativa en cada traballo tutelado.
- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.
- O profesorado realizará un seguimento dos traballos tutelados que se vaian elaborando por cada grupo. Non é necesario entregalos senón que o profesorado irá realizando o seguimento partindo do que se expoña na aula-
- O profesorado indicará propostas de mellora a cada grupo co fin de que na proba práctica da materia o alumnado sexa quen de realizar as prácticas sen problema.

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:
- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.
50
 
Observacións avaliación

- Débese facer un uso
sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio
natural.

- Débese ter en conta a
importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade
nos comportamentos persoais e profesionais.

- Será primordial e
obrigatoria a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación)
gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición
imprescindible para superar a materia.

- No relativo á
realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación
axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario:
"Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da
súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser
considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen
prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o
correspondente procedemento".

NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial,
criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será
necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao
profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o seu proceso de
ensino-aprendizaxe.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes