O obxectivo da materia é proporcionar un marco teórico e metodolóxico para o traballo da lingua galega na aula. Trátase, en primeiro lugar, de facer consciente o alumnado do carácter transversal do ensino lingüístico e da responsabilidade das mestras e mestres como modelos de lingua. Incidirase, neste sentido, na importancia de adquirir unha competencia lingüística e comunicativa en lingua galega óptima por parte do profesorado de Educación Infantil, así como a súa formación e reciclaxe constante; así mesmo, presentaranse os recursos para acadar dita competencia profesional.
Estudaranse, de modo xeral, os condicionamentos do ensino en contextos de contacto lingüístico e, máis especificamente, as características do caso galego. Esta análise servirá para fundamentar as estratexias que se poñan en práctica na aula de Educación Infantil para o ensino-aprendizaxe da lingua. A materia introducirá cuestións curriculares que atinxen a todo o bloque de Linguaxe Verbal e tentará familiarizar as alumnas e alumnos coa programación didáctica neste ámbito. Afondarase en particular no traballo para o desenvolvemento das habilidades lingüísticas orais, a través de prácticas como o conto contado, os xogos de lingua ou a asemblea.
Contingency plan
1. Modifications to the contents
2. Methodologies
*Teaching methodologies that are maintained
*Teaching methodologies that are modified
3. Mechanisms for personalized attention to students
4. Modifications in the evaluation
*Evaluation observations:
5. Modifications to the bibliography or webgraphy
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.