Traballos tutelados |
A42 A43 A44 A46 A47 A50 B6 B10 B11 B12 B15 B19 B25 C1 C2 C3 C6 C7 C8 |
Esta actividade, que será grupal, suporá un 35 % da cualificación; con outras palabras: achegará un máximo de 3,5 puntos. Dúas advertencias: a) os grupos serán de dimensións reducidas (tres ou catro membros como máximo); b) non poderá superar a materia quen fique por debaixo dos 1,5 puntos. |
35 |
- O plaxio castigarase coa máxima severidade: un único caso de corta-e-pega abondará para que un traballo reciba a cualificación de cero.
- Os/as estudantes que non superen a materia en maio-xuño poderán facelo en xullo, baixo as seguintes condicións: se na proba obxectiva ficaron por debaixo de 2,75 puntos, deberán enfrontarse novamente a ela; se no traballo obtiveron menos de 1,5 puntos, terán que repetilo. Conservaráselles, iso si, a puntuación que acadasen a través da participación nas actividades desenvolvidas nas sesións interactivas e expositivas.
- A asistencia regular ás sesións interactivas é condición necesaria para poder acollerse ao procedemento de avaliación «ordinario» (obradoiro + proba obxectiva + traballo tutelado), de maneira que será rigorosamente controlada.
- Aos/ás estudiantes con dispensa, e mais a aqueles/as que non cumpran a condición establecida no punto 3, aplicaráselles un procedemiento de avaliación «extraordinario»: no seu caso, o traballo tutelado suporá o 45 % da cualificación final, e o 55 % virá dado, obviamente, pola proba obxectiva.
|