Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, a asistencia ao 80% das sesións será obrigatoria. Non só será suficiente a asistencia, senón que tamén se computará a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que medien entre eles.
Segunda oportunidade: o estudiantado que asistiu a o 80% ou máis das sesións na primeira oportunidade manterá as cualificacións que acadaron a puntuación mínima indicada polas docentes. Deberán repetir as partes da avaliación que non alcanzaron ese mínimo.
O alumnado que non asiste ao 80% das horas de clase na primeira oportunidade, ten á súa disposición un modelo alternativo de avaliación, que será o mesmo para ambas oportunidades: haberá unha proba (100%), na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se debe demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia. Será necesario aprobar as duas partes, a teoría e a práctica, para superar a materia e para facer media entre elas.
En ambas oportunidades e modelos avaliativos a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
Nesta materia, non se admite a exención académica da exención de asistencia, salvo nos casos previstos no apartado "Atención personalizada".
As metodoloxías de “Práctica de actividade física” , "Actividades iniciais" e “Saídas de campo” están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Aínda no caso de non aplicarse o plan de continxencia, se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve”, "Análisis de fontes documentais" e "Discusión dirixida").