Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Matemáticas e xogo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Matemáticas e xogo Código 652G01031
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Santamaría Recio, María Celina
Correo electrónico
celina.santamaria@udc.es
Profesorado
Santamaría Recio, María Celina
Correo electrónico
celina.santamaria@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia será impartida en modalidade bilingüe. O proceso de ensinanza e aprendizaxe realizarase en dúas linguas vehiculares, inglés e galego ou castelán, garantíndose en todo momento que todo o alumnado sexa capar de seguir a materia adecuadamente e teña acceso a materiais didácticos equivalentes nas dúas linguas. O emprego de dúas linguas vehiculares nesta materia se plantexa co principio pedagóxico de andamiaxe para as metodoloxías de docencia en inglés de translanguaging ou code switching, é dicir, cambio de código. O docente poderá ampliar o emprego do inglés e reducir o de castelán/galego progresivamente, segundo vexa a capacidade do alumnado de seguir adecuadamente a materia na lingua estranxeira. Na interacción na aula animarase ao alumnado a empregar a lingua estranxeira dentro das súas posibilidades. A competencia lingüística en lingua estranxeira do alumnado nunca será obxecto de avaliación nin terá ningún impacto na nota final que acade na materia. Na avaliación, o alumnado poderá ser avaliado na lingua vehicular que prefira. Trabállase de modo colaborativo o xogo como recurso didáctico para educación infantil, dado o seu papel fundamental na vida de nenos e nenas.Trabállanse ademais as emocións e empréganse recursos innovadores.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios significativos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Docencias expositivas. Realización de traballos tutelados. Lecturas guiadas. *Metodoloxías docentes que se modifican Incorpóranse docencias a través da plataforma Microsoft Teams. As presentacións orais por parte do alumnado poderanse realizar por medios telemáticos. Parte dos traballos tutelados previstos para realizar en equipo pasan a ser individuais. Inclúese a avaliación entre pares como recurso pedagóxico. A proba mixta poderase realizar por medios telemáticos. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo corporativo -->Diariamente. Moodle da UDC -->Dúas veces á semana. Microsoft Teams -->No horario previsto para as sesións presenciais. 4. Modificacións na avaliación Traballo tutelado 20 % Revisión guíada de teorías do xogo (en equipo) Traballo tutelado 15 % Deseño guíado de dous xogos (individual) Traballo tutelado 15 % Propostas didácticas guíadas (individual) Traballo tutelado 15 % Documento multimedia sobre a elaboración dun xogo (individual) Avaliación entre pares 5 % Avaliación guíada dos documentos anteriores (individual) Traballo tutelado 10 % Clasificación guíada de xogos (individual) Traballo tutelado 10 % Elaboración de dinámicas nas que se relaciona a intelixencia emocional coas matemáticas (individual) Lectura guiada 10 % Lectura guíada *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Axustarase ás novedades relevantes que xurdan.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes