Con esta materia preténdese abordar a estreita relación entre a saúde e o coñecemento científico.
Trátase de coñecer os contidos básicos de carácter científico sobre o corpo humano e a saúde, identificando os factores que inflúen na súa mellora ou deterioro. Ademais, os coñecementos científicos achegaran argumentos para coñecer a responsabilidade individual e colectiva na adopción de hábitos de vida saudábeis, e para mellorar a toma de decisións sobre temas relativos ao noso corpo e ao medio no que nos desenvolvemos.
Tamén abordaremos o papel que debe xogar a escola no desenvolvemento deses hábitos saudábeis e na xeración de actitudes positivas cara a súa inclusión na Educación Infantil, valorando a importancia deste tema na formación integral dos escolares.
Finalmente pularase pola reflexión e o debate sobre as ideas, crenzas, hábitos e conductas relativas á saúde, tanto a nivel persoal como comunitario, para así consolidar e comprender a base científica das máis saudábeis e rexeitar as que inflúen negativamente na saúde. Desenvolveremos actividades basadas no traballo autónomo e en equipo, co obxectivo de potenciar os procesos de metacognición, a aprendizaxe entre iguais e o traballo cooperativo.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As metodoloxías que se manteñen son as lecturas de capítulos de libros e artigos e os traballos tutelados.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Os contidos da materia son expostos a través de diapositivas con audio explicativos na plataforma Moodle (no caso de ocupar moito cárgase no Stream). Ditos audios son acompañados da súa transcripción. Ademais por videoconferencia a profesora está dispoñible semanalmente no horario establecido da materia para as explicacións puntuais, aclaracións, ampliacións e dúbidas de ditos contidos e dos traballos tutelados.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle foro para avisos ao grupo completo).Semanalmente.
Videoconferencia Teams: explicación e ampliacións dos contidos así como as dúbidas dos traballos tutelados. Semanalmente
Correo electrónico: aclaracions, dúbidas, petición de citas de uso diario.
Foro en moodle cada tema para aclaracións, dúbidas sobre os contidos. Diariamente
4. Modificacións na avaliación
-Traballos tutelados en grupo/parellas ou individual: corresponde ao 60% e valoraráse a capacidade analítica e interpretativa do alumnado en relación á bibliografía proposta e aplicación ás situacións de aprendizaxe. Competencia para deseñar materiais didácticos.
-Exame individual corresponde co 40% que consiste nun caso práctico no que se valora a capacidade argumentativa e a competencia para deseñar material didáctico.
Na segunda oportunidade (xullo) a avaliación será a mesma -entrega de traballos tutelados (60%) e exame individual (40%).
*Observacións de avaliación:
Non se terán en conta a asistencia ata o momento no que se suspendeu a actividade presencial soamente o indicado anteriormente (traballos tutelados 60% e proba 40%).
Na segunda oportunidade (xullo) a avaliación será a mesma -entrega de traballos tutelados (60%) e exame individual (40%).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sin cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías