Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Grao en Educación Infantil |
Subjects |
Early Intervention |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2021/22 | |||||||||||||
Subject | Early Intervention | Code | 652G01033 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Third | Optional | 4.5 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Supervised projects | A3 A9 A15 A29 B5 | O alumnado realizará un plan de prevención e/ou intervención para distintos tipos de factores de risco e alteracións no desenvolvemento. | 25 |
Oral presentation | A15 B9 C3 | O alumnado presentará o plan de intervención realizado en grupo pequeno na aula, e propoñerá unha serie de cuestións para o debate e a participación. Valoraranse tanto os aspectos formais como os de contido. O grupo presentará unha estratexia de comunicación. | 25 |
Student portfolio | A17 B4 B1 C8 | Cada persoa realizará unha serie de resumos, profundando no coñecemento dunha alteración de desenvolvemento, a súa avaliación e as intervencións pertinentes. Cada alumno aprenderá dos demais compañeiros e compañeiras do grupo pequeno a identificar e avaliar outros tipos de alteracións. Valorarase a participación activa en clase. | 50 |
Assessment comments | |||
1ª CONVOCATORIA. 1ª OPORTUNIDADE Dependendo da asistencia continuada ou non ás clases, hai dúas modalidades de seguir a materia de "Atención Temperá" que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A: Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final. Modalidade A: Avaliación Continua. Nesta modalidade levará a cabo unha avaliación de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades e prácticas dos contidos da materia realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas presenciais, é dicir, só poderase faltar un máximo de 4 módulos no cuadrimestre, en caso contrario deberase optar pola modalidade B), sendo imprescindible ademais a participación activa e continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula. Esta avaliación levará a cabo a partir de: a) cada alumno presentará o seu portafolio, que incluirá os resumenes e as actividades prácticas do grupo. Para superar satisfactoriamente a materia será necesario realizar todas as actividades e prácticas propostas e participar no traballo presencial e presencial como mínimo nun 85% das horas realizadas. Puntuarase tamén a participación activa en clase. Isto representa un 50 % da cualificación. b) a exposición oral do plan de intervención e a preparación dunha estratexia de comunicación. Isto representa un 25% da cualificación. c) cada grupo pequeno presentará un plan de intervención para distintos tipos de factores de risco e alteracións no desenvolvemento. (25% da cualificación) Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentar e participar de todas as actividades e tarefas propostas para cada tema mencionadas nos puntos a, b e c. EN cada actividade terase que superar o 50 % da cualificación. Modalidade B: Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia, que incluirá o contido das clases interactivas. Modalidade B: Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia, que incluirá o contido das clases interactivas. 1ª CONVOCATORIA: 2ª OPORTUNIDADE Na Modalidade A, teranse que entregar as actividades que non se realizaron ou non superaron o 50%. A modalidade B mantense igual. OUTRAS CONVOCATORIAS Nas restantes convocatorias seguirase a Modalidade B de avaliación final, isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente. |
|