Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Grao en Educación Infantil |
Subjects |
Final Dissertation |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2021/22 | |||||||||||||
Subject | Final Dissertation | Code | 652G01045 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Fourth | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Oral presentation | SOLICITUDE DE DEFENSA: Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFG, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que presentar, no prazo e lugar establecido polo centro, a documentación necesaria do TFG. DEFENSA: Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo. Para a defensa deberá acudir cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), e o resto de documentos que se soliciten, se é o caso. Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 15 minutos e o tribunal disporá de 15 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a. O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para exposición. |
Supervised projects | O alumnado realizara o TFG baixo a supervisión e guía da súa dirección académica. A dirección será responsable de expoñerlle ao estudantado as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento. Realizará un seguimento da elaboración do TFG e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados. Unha vez finalizada a elaboración autorizar a presentación e defensa do TFG. As modalidades do TFG que poderán realizar o alumnado son algunha das seguintes: a) Estudos empíricos relacionados con calquera das liñas temáticas propias da titulación de grao e enmarcados no ámbito das competencias desta. b) Revisión e investigación bibliográfica centrada nalgún dos diferentes campos da titulación de grao. c) Análise de protocolos de actuación, unidades didácticas, proxectos socioeducativos ou calquera outro documento institucional, vinculadas a algún dos diferentes campos da titulación de grao. d) Deseño de unidades didácticas, proxectos educativos e socioeducativos de diversa índole, relacionados coa titulación de grao. |
|