Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse todas as metodoloxías, desenvolvéndose no medio virtual a través de Moodle e Microsoft Teams se o escenario sanitario o aconsella, introducindo, por suposto, algúns axustes indispensables para a adaptación ao novo ámbito.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifican as metodoloxías; non obstante, cómpre sinalar o seguinte:
-Sesión maxistral: constará de presentacións síncronas ou asíncronas dos contidos que, en calquera caso, serán gravadas (power point con narración, gravacións con TEAMS, etc.) e subidas a Moodle, co material necesario.
- Proba de ensaio: De non poder realizarse presencialmente, realizarase de forma virtual en dúas partes: un suposto práctico asíncrono, que se entregará a través de Moodle, e un exame teórico escrito síncrono, que se realizará a través de Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ao igual que en circunstancias normais, atenderase ao alumnado no horario de titorías, polos seguintes medios:
- Correo electrónico:diariamente para facer consultas, solicitar encontros virtuais para solventar dúbidas e facer seguimento dos traballos titorizados.
- Moodle: Diariamente, segundo a necesidade do alumnado, facendo uso do foro temático ou de actividades específicas para desenvolver “discusións dirixidas”, a través das que poñer en práctica ou debater contidos teóricos e lecturas da materia.
- Teams: durante as horas de titorías a docente estará conectada á plataforma Teams, para que o alumnado lle poida facer tantas consultas como sexan necesarias (ben por escrito, ben por videochamada) de forma individual ou grupal.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións, agás que se realizarán de forma virtual a través de foros, tarefas en Moodle, cuestionarios, sesións de Teams, e se presentarán tamén de forma virtual.
*Observacións de avaliación:
No caso de houber algún problema en canto á conectividade no momento de realizar a proba de ensaio, procuraranse outras solucións.
A supervisión das cualificacións co alumnado realizarase a través de TEAMS na data que se concretará unha vez postas as cualificacións provisionais.
1.SITUACIÓNS:
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212), axustarase ao seguinte:
a) Elaboración e presentación de traballo titorizado (20%)
b) Proba de ensaio (80%)
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non hai modificacións.
|