Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta B2 B3 B4 B8 B9 C1 Valorarase o grao de corrección seguindo os requerimentos de cada pregunta, así como a claridade. Engloban contidos das prácticas de laboratorio, das lecturas e da sesión maxistral. Serán probas individuais. 40
Traballos tutelados A38 A39 A40 A41 A42 B3 B5 B9 B10 B11 B12 B15 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C6 C7 C8 Valorarase o grado de consecución do cumprimento das directrices docentes.

Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª Edición (ou unha posterior se proceder). No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.
Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html

Tense que evitar o plaxio.
As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e sufrindo a súa última modificación o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento."
40
Prácticas de laboratorio A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B4 B8 B9 B11 B12 B15 B18 B19 C1 C3 C6 C7 C8 Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas,...
Para cumprir o obxectivo da avaliación continua, estas tarefas ou prácticas poderanse realizar sen previo aviso en calquera franxa horaria asignada á materia.
20
 
Observacións avaliación

Non se admite dispensa académica de exención de docencia.

As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirán a
puntuación final.

A avaliación continua da materia será:

-Tarefas realizadas a través das metodoloxías de practicas de laboratorio e
probas mixtas de forma individual (realizarase unha media aritmética da serie
de actividades realizadas) que ponderarán na cualificación final cun 60%.

-Traballo en equipo realizado a través do traballo tutelado que ponderará
na cualificación final cun 40%.

Para superar a materia na 1ª oportunidade deberanse ter superadas cunha cualificación
mínima de 5,0 as dúas partes, sendo a cualificación final ca media ponderada
das dúas cualificacións. Do contrario a cualificación final será a
cualificación (coa ponderación correspondente) da parte suspensa ou a media ponderada
das dúas partes se están ambas suspensas.

Na 2º Oportunidade a cualificación da materia será:

-Unha proba obxectiva individual cunha ponderación do 40%.

-Un traballo individual cunha ponderación do 60%.

 Para superar a materia na 2ª oportunidade deberanse ter superadas
cunha cualificación mínima de 5,0 as dúas partes, sendo a cualificación final a
media ponderada das dúas cualificacións. Do contrario a cualificación final
será a cualificación (coa ponderación correspondente) da parte suspendida ou a
media das dúas partes se están ambas suspensas.

Se o estudante
non realiza algún traballo solicitado en tempo e forma a cualificación desa
tarefa será dun 0.

Todas as
directrices dos traballos solicitados estarán no Campus Virtual da materia.

Cada estudante
debe colocar no seu perfil de usuario do Campus Virtual unha foto que o
identifique.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes