Nesta materia inclúese o estudo sobre o estado actual do ensino científico na Educación Primaria, sobre a problemática da aprendizaxe das Ciencias nesa etapa, así como recomendacións metodolóxicas para a acción docente. Ademais desenvólvese unha análise científico-didáctica de tres bloques temáticos concretos, tratados dende a perspectiva sistémica: a) o medio físico; b) o modelo de ser vivo e de ecosistema e c) o ser humano.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican.
2. Metodoloxías
2.1Metodoloxías docentes que se manteñen
• Proba mixta
2.2. Metodoloxías docentes que se modifican
• Traballos tutelados
Elaboración de traballos, relativos á problemática do ensino e aprendizaxe de contidos concretos. Comprenden: a) Lecturas e análise individual sobre a temática proposta; b) Desenvolvemento do traballo e ; c) Seguimento do traballo en fase de realización. O seguimento do traballo farase a través de:
- Titorías individuais a través de TEAMS ou de correo electrónico.
- Titorías grupais a través de TEAMS.
• Sesión Maxistral
Exposición oral a través de presentacións asíncronas videogravadas (power point con narración, gravacións con TEAMS, etc.) sobre os aspectos teóricos que debe coñecer un mestre en relación ao ensino e aprendizaxe das Ciencias da Natureza. Estas gravacións serán subidas a Moodle, co apoio de material audiovisual.
• Actividades de laboratorio
Realización individual de actividades prácticas seguindo as instruccións gravadas/escritas polo docente, arredor da planificación/realización de experiencias sobre obxectos e fenómenos, relativos a contidos científicos relevantes en educación primaria. Os resultados do desenvolvemento desas actividades prácticas serán entregados a través da correspondente tarefa en Moodle.
• Aprendizaxe colaborativa
Estudo de supostos prácticos ou situacións diversas e de diferentes materiais escritos, en pequeno grupo, seguindo as instruccións gravadas/escritas polo docente. Os resultados do desenvolvemento desas actividades prácticas serán entregados a través da correspondente tarefa en Moodle.
2.3. Metodoloxías docentes que se eliminan
o Presentación oral
o Saídas ao campo
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramenta Temporalización
TEAMS, MOODLE, EMAIL , QUICKMAIL
Calquera destas ferramentas adaptándoas ás necesidades de orientación do alumnado.
Os días correspondentes a aulas e titorías desta materia realízanse reunións de seguimento e oriéntanse os traballos tutelados, as actividades de aprendizaxe colaborativa, as actividades prácticas e calquera outra cuestión relativa á materia.
4. Modificacións na avaliación
Proba mixta 40%
Proba escrita individual realizada de forma virtual a través de Moodle e/ou outros medios telemáticos. Valorarase a adquisición dos coñecementos relevantes e a capacidade interpretativa do alumnado (análise e síntese, argumentación, crítica...) adquiridos ao longo do curso.
Prácticas de laboratorio/Interactivas 30%
Valorarase a implicación no desenvolvemento da tarefa e a presentación de resultados, tanto en actividades prácticas como en sesións interactivas.
Traballos tutelados 30%
Valorarase a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa competencia para deseñar materiais didácticos.
Observacións de avaliación:
Rexerán as Normas Xerais de Avaliación da Guía Docente da materia.
Rexerán as Normas Específicas de Avaliación da Guía Docente da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías