Descrición xeral |
A preocupación por avaliar e analizar a conduta humana atendendo a unhas ou outras variable foi unha constante ao longo da historia da humanidade, e permitiu configurar o diagnóstico como ciencia vinculada a diversos campos de coñecemento: medicina, psicoloxía, educación…
En educación, o Diagnóstico Pedagóxico eríxese como disciplina que estudia ao neno/a en idade escolar e á súa contorna, mediante: (a) a identificación e valoración da das súas capacidades, comportamentos, actitudes e atributos persoais no contexto escolar; (b) a procura dunha explicación sobre as causas, alternativas e factores implicados na situación experimentada polo escolar; (c) a explicación das consecuencias sobre el/ela, mediante a síntese da información recollida a través das diversas técnicas; e (d) a especificación, con base neses resultados, dos recursos singulares que require para a atención ás súas necesidades específicas de apoio educativo planificando, cando sexa necesario, unha intervención adecuada para mellorar de forma satisfactoria esas accións, a personalidade e a madurez do/da neno/a e, en definitiva, actuar sobre o seu benestar escolar, contribuíndo así a mellorar a súa calidade de vida individual.
Por todo isto, nesta materia preténdese ofrecer unha aproximación teórico-práctica ao campo do diagnóstico pedagóxico, a través da cal o alumnado adquirirá as competencias básicas que lle permitan comprender os procesos de aprendizaxe no período 6-12 anos dentro e fóra da aula, as características do alumnado e os seus procesos motivacionais e sociais, así como identificar as dificultades de aprendizaxe dos seus estudantes, aplicar os seus coñecementos ás problemáticas que presentan os seus futuros/as alumnos/as na escola, empregar técnicas e instrumentos adecuados para a exploración e identificación diagnóstica, e realizar informes que permitan informar das necesidades detectadas e colaborar no proceso de valoración e posterior intervención, desde o seu ámbito de coñecemento.
Nota importante:
Esta materia será impartida en modalidade bilingüe. O proceso de ensinanza e aprendizaxe realizarase en dúas linguas vehiculares, inglés e castelán, garantíndose en todo momento que todo o alumnado sexa capar de seguir a materia adecuadamente e teña acceso a materiais didácticos equivalentes nas dúas linguas.
O emprego de dúas linguas vehiculares nesta materia se formula co principio pedagóxico de andamiaxe para as metodoloxías de docencia en inglés de translanguaging ou code switching, é dicir, cambio de código. A docente poderá ampliar o emprego do inglés e reducir o de castelán progresivamente, segundo vexa a capacidade do alumnado de seguir adecuadamente a materia na lingua estranxeira. Na interacción na aula animarase ao alumnado a empregar a lingua estranxeira dentro das súas posibilidades.
A competencia lingüística en lingua estranxeira do alumnado nunca será obxecto de avaliación nin terá ningún impacto na nota final que acade na materia. Na avaliación, o alumnado poderá ser avaliado na lingua vehicular que prefira.
|
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: actividades iniciais, sesión maxistral, traballos tutelados, estudo de casos, discusión dirixida.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
- Simulación: no canto de realizar una representación das aprendizaxes teóricas en forma de suposto hipotético na aula, os grupos serán emparexados con outros grupos para traballar os supostos entre eles e deberán realizar un informe dos resultados. Non haberá presentación oral do traballo, senón que se terá en conta, unicamente, o informe entregado na data que indique a docente.
- Presentación oral: substitúese a modalidade de presentación oral presencial dos contidos por unha presentación elaborada por alumnado a través dun PPT con audio, ou dun vídeo elaborado cos recursos que a Universidade pon a disposición do alumnado.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- TEAMS: atenderase a través desta plataforma (reunións virtuais, chat) ou de calquera outra que a Universidade poña a disposición da comunidade universitaria, só no horario de clase e titorías. Non se atenderán dúbidas fóra de este horario (salvo excepcións).
- Outlook: atenderanse correos electrónicos do alumnado no horario de titorías. Non se atenderán correos que sexan enviados fóra deste horario.
- Foro Campus Virtual: habilitarase un espazo no Campus Virtual para as dúbidas "xerais" e de cada un dos contidos da materia.
4. Modificacións na avaliación: non se realizarán cambios.
*Observacións de avaliación: anúlase a obrigatoriedade da asistencia no caso de confinamento. Non obstante, o alumnado deberá realizar nas datas previstas todas as actividades axendadas ao inicio do curso. No que respecta á proba mixta, no caso de non realizaren dous ou máis dos tests, deberá ir a proba final, prevista inicialmente para o alumnado non asistente, e cuxa data está fixada en Xunta de Facultade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizarán cambios.
|