Terase en conta a participación activa e dedicación, ademais da adquisición dos coñecementos propios da materia.
O
alumnado que non chegue a unha asistencia do 80%, será avaliado coas mesmas metodoloxías e criterios que o alumnado matriculado a tempo parcial (en todo caso, terase en conta o contexto provocado pola COVID-19 e as circunstancias que acompañen o cuadrimestre).
O alumnado que se acolla a tempo parcial/dispensa académica, terá que realizar un traballo de curso individual e a proba obxectiva, cualificados cun 40% e cun 60%, respectivamente. Para acollerse a esta modalidade é condición necesaria asistir a titorías (mínimo de dúas titorías presenciales ou, si o contexto o impide, telemáticas) para facer un seguimento directo da construción do traballo de curso e dialogar sobre o tema escollido para o devandito traballo.
Na realización do devandito traballo (así como de calquera outro), o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, poderá ser considerada esta causa de
cualificación suspenso na devandita actividade. Todo iso sen prexuízo
das responsabilidades
disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento.
Así mesmo, recoméndase ter presente unha
perspectiva de xénero na redacción do documento, non sendo aceptables
faltas ortográficas. Igualmente, evitarase a entrega do traballo en
formato papel, en favor do ecosistema, optándose polo formato dixital.
*No caso de que as condicións sanitarias impidan a presencialidade á hora de realizar as probas, estas realizaranse de maneira telamática (vía Teams, Forms e/ou Moodle).