Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Didáctica da educación para a saúde
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Exposición oral dos traballos realizados colectiva e individualmente. Esta exposición poderá realizarse de forma virtual a través de Teams, se así obrigan as circunstancias.
Lecturas Lecturas obrigadas e/ou voluntarias de libros e artigos
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe orientados de forma presencial, ou virtualmente, con soporte de tecnoloxías da información e da comunicación, baseados na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado, para así optimizar a súa propia aprendizaxe e colaborar na do resto de membros do grupo.
Traballos tutelados Metodoloxía que pretende promover a aprendizaxe autónoma dos estudiantes a nivel individual, baixo a tutela do docente, en escenarios variados.
Proba mixta Proba escrita que integra preguntas abertas de semidesenvolvemento sobre os contidos da materia.
Sesión maxistral Exposición oral a través de presentacións asíncronas videogravadas (power point con narración, gravacións con TEAMS, etc.) que serán subidas ao Campus Virtual, co apoio de material audiovisual. No caso de que desaparezan todas as medidas de seguridade excepcionais tomadas con motivo da pandemia, a exposición oral farase en aula co apoio do material audiovisual.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes