Esta materia pretende favorecer a reflexión, a formación e o compromiso cos valores e os dereitos humanos en xeral. Desde idades temperás resulta obrigado formar nuns valores básicos de convivencia que contribuían a fomentar o diálogo, o respecto, a empatía, etc., tanto nas aulas como na sociedade no seu conxunto. A escola, como institución, ademais de centrarse na adquisición dos coñecementos, ten a obriga de preocuparse de maneira especial pola formación en valores que posibiliten o desenvolvemento do alumnado como seres humanos, para que sexan quen de tomar as decisións axeitadas diante dos distintos problemas que se lles presenten agora e no futuro. O mestres e mestras, pola súa parte, deben ser conscientes da súa responsabilidade no traballo diario cos valores así como da formación que a sociedade lles esixe de cara a promover unha cidadanía democrática, activa, respetuosa e responsable.
Plan de continxencia
1. MODIFICACIÓN NOS CONTIDOS
Non se realizarán cambios
2. METODOLOXÍAS
*Metodoloxías docentes que se manteñen
–Sesión maxistral
– Traballos tutelados (con atención personalizada que poderán ter carácter individual -caso da recensión bibliográfica- e ou grupal) (computa na avaliación)
– Atención personalizada
– Presentación Oral
*Metodoloxías docentes que se modifican
–Proba de ensaio(non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a
metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
– Análise de fontes documentais ( a avaliación deste coñecementos se incorpora a
metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
– Lecturas
3. MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO
– Correo electrónico: para facer consultas, solicitar encontros virtuais, para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se
pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: sesións en pequeno grupo e en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN:
Traballos tutelados (60%).
En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
–A profundidade do contido.
–O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
– O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
– A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
– A presentación e a claridade da exposición que terá un valor do 40% da nota que se sumará ao 60% do traballo tutelado.
No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN
AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase é obrigatoria e a súa non realización impide a supereación da materia. Asistencia mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados).
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Excepcionalmente, no caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o profesor adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación.
5. -MODIFICACIÓN DA BIBLIOGRAFÍA OU WEBGRAFÍA.(Non se realizarán cambios)
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías