A materia busca ofrecer recursos conceptuais, metodolóxicos e éticos para comprender diversas aproximaciónss metodolóxicas e analizar proxectos e experiencias específicas aplicadas no deseño e desenvolvemento de proxectos socioeducativos comprometidos coa democracia participativa e a autoxestión da vida cotiá no escenario da crise ecosocial e da pandemia
A materia busca presentar o deseño e desenvolvemento de proxectos socioeducativos non como meros dispositivos técnicos senón como opcións epistemolóxicas e prácticas situadas que implican posicionamentos e compromisos políticos, sociais e pedagóxicos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non procede
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Análise de fontes documentais (computa na avaliación)
– Aprendizaxe colaborativa (computa na avaliación)
– Estudo de casos
– Traballos tutelados (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Análise de fontes documentais (Teams)
- Aprendizaxe colaborativa (Teams)
- Estudo de casos (Teams)
– Traballos tutelados (Teams)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver o “Aprendizaxe colaborativo”, a través das que se pon en práctica contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade as primeiras clases da materia.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 8 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados” durante o resto das clases. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Análise de fontes documentais (50%) Traballos tutelados (50%): Valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
A profundidade do contido.
O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
A presentación e a claridade da exposición.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (50% traballo tutelado,), Análise de fontes documentais, individualmente (50%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (50% traballo tutelado), Análise de fontes documentais, individualmente (50%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación.
3. Entregar e expoñer as actividades de avaliación na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías