A materia "Psicoloxía do desenvolvemento" pretende aportar unha formación básica no eido do plano de estudos do Grao en Educación Social. O obxectivo xeral da mesma é que o alumnado acade un coñecemento sobre as distintas etapas que constitúen o desenvolvemento ao longo do ciclo vital, así como das necesidades e demandas específicas de cada unha delas, aspectos, todos eles, esenciais para poder emprender as tarefas vencelladas á futura actividade profesional do/a educador/a social (i.e., deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos educativos dirixidos a persoas de distintas idades e condicións, desde a infancia até a vellez). Ademáis, a inclusión de contidos referidos non só ao desenvolvemento típico ou normativo, senón tamén ás dificultades ao longo do ciclo vital, é un aspecto necesario na formación do futuro profesional da Educación Social, na medida en que responde á posibilidade de que estes exerzan as súas funcións con persoas con diversos tipos de problemas ou discapacidades. Deste xeito, coñecer o proceso de desenvolvemento humano nas súas distintas facetas (física, cognitiva, social e emocional) ao longo de toda a vida é un requisito imprescindible para poder realizar calquera das intervencións con persoas que un/unha educador/a social pode levar a cabo.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Os contidos a tratar non serán alterados se non hai redución do calendario académico. Serán tratados mediante teleformación.
2. Metodoloxías
As metodoloxías poden manterse todas pasando, no caso de Portafolio do alumnado, á modalidade non presencial mediante atención virtual con Teams, Moodle e correo electrónico.
No caso da metodoloxía da Proba mixta, será realizada mediante Moodle, apoiándose en Teams para a xestión.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada será realizada mediante as ferramentas propias da UDC: Moodle e Microsoft 365 (Teams, correo electrónico, etc.)
4. Modificacións na avaliación
As ferramentas electrónicas dispoñibles permiten manter a avaliación proposta na guía docente. Únicamente, contémplase unha modificación no cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que se desenvolveron presencialmente até o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen trocos
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías