O curso de Psicoloxía social ten unha importancia evidente de cara a que o alumno desenvolva habilidades importantes do seu proceso de formación. O seu valor é moi significativo para o futuro educador social, a fin de comprender e actuar sobre o proceso de aprendizaxe, é dicir, concentrándose no sentido dunha Psicoloxía Social da Educación, e en particular da Educación Social.
É por iso que, dentro dos chamados procesos psicosociais básicos, se faga gran énfase na chamada Psicoloxía Social Cognitiva, dado o seu interese e importancia dentro da tendencia actual da disciplina e as relacións cos campos descritos.
Resumidamente, polo tanto, preténdense acadar os seguintes obxectivos:
- Coñecementos básicos de Psicoloxía Social.
- Desenvolvemento de estratexias de busca e valoración de materiais psicosociais que en cada caso sexan do futuro interese do alumnado.
- Socialización do alumnado na terminoloxía, forma de conceptualizar a realidade, e metodoloxía da Psicoloxía Social.
Plan de continxencia
1. MODIFICACIÓN NOS CONTIDOS
- Non hai modificación.
2. METODOLOXÍAS
Metodoloxías docentes que se manteñen:
– Sesión maxistral
– Discusión dirixida(computa na avaliación)
– Traballos tutelados (con Atención persoalizada)(computa na avaliación)
– Atención persoalizada
Metodoloxías docentes que se modifican:
- Proba mixta (non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
3. MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSOALIZADA AO ALUMNADO
-Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
–Teams: Unha sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
Unha sesións semanal (ou mais se fora preciso, en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN
Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
– A profundidade do contido.
– O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
– A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
– A presentación e a claridade da exposición.
*OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
SITUACIÓNS
A. Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
- Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula o Réxime de Dedicación ao Estudio dos Estuadiantes de Grao na UDC":
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
- Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
A. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
B. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados).
C. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
D. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. MODIFICACIÓS DA BIBLIOGRAFÍA OU WEBGRAFÍA
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías