Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Socioloxía |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía | Código | 652G03005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A8 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 | Considérase traballos tutelados tanto as prácticas realizadas en clase como o traballo en grupo sobre un tema da materia que deberá ser analizado desde unha perspectiva sociolóxica (o 40% da nota depende das prácticas, asistencia e participación e, o 15% restante, do traballo grupal obrigatorio). En todos estes traballos valorarase: -A comprensión e manexo dos conceptos, textos e a teoría sociolóxica. -O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social. -O pensamento crítico, reflexivo e relacional. -A orixinalidade. -A correcta expresión escrita. -A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso). |
55 |
Proba obxectiva | A11 B1 B4 B5 | Exame con preguntas sobre os contidos teóricos da materia. A data do exame corresponderáse coa data oficial designada pola UDC. |
40 |
Presentación oral | B1 B6 C1 C7 | A presentación oral sobre o traballo grupal é obligatoria. Nela valorarase: -O dominio e comprensión do tema. -A capacidade de síntese. -A correcta expresión oral. -A creatividade. -O traballo en grupo. |
5 |
Observacións avaliación | |||
Avaliación continua. A parte práctica (o conxunto de prácticas e actividades de clase, o traballo grupal, a exposición, a asistencia e a participación) suporá o 60% da cualificación, o exame final o 40%. Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado. As prácticas que se realizarán ao longo do cuatrimestre terán un contido variado. O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC. Para aprobar a asignatura é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame. Se se suspende algunha das partes, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10. Avaliación non continua. Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso e terán que asistir a unha tutoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo sobre unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a película) como o exame. Se se suspende algunha das partes, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10. Segunda oportunidade. A aqueles/as que teñan aprobada a parte práctica da asignatura pero non se presenten ou suspendan o exame da primeira convocatoria gardaránselles as notas da parte práctica pero terán que presentarse a un exame nas datas oficiais marcadas pola UDC (en segunda oportunidade). Aqueles/as que teñan que recuperar a parte práctica e teñan a parte teórica superada, deberán realizar un traballo final proposto polo profesor/a. No caso de ter ambas partes suspensas, haberá que realizar o exame teórico na data oficial e presentar un traballo práctico suxerido polo profesor/a. Neste caso, a parte teórica do exame valerá un 60% da nota e a parte práctica un 40%. Para aprobar a asignatura é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame. Se se suspende algunha das partes, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10. |
|