Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral: Cólgase no Moodle un vídeo-explicativo no que se narra a presentación de power point. Durante o horario de expositivas a profesora estará conectada para resolver as dúbidas que poidan xurdir.
- Actividades iniciais e de acompañamento da materia: Pasan a computar na avaliación. Incorpóranse actividades complementarias á sesión expositiva de carácter individual (foro, proba, etc.) a través do Moodle, dirixidas a garantir o seguimento da materia, valorar a comprensión dos contidos abordados ou promover a reflexión e debate sobre os mesmos.
- Aprendizaxe colaborativa: Nas interactivas, mantense a dinámica de traballo por grupos de aprendizaxe colaborativa, a través do chat de Teams habilitado pola profesora para cada grupo. Participar nesta metodoloxía de traballo implica conectarse a través do Teams no horario de interactivas.
- Discusión dirixida
- Lecturas
- Proba de ensaio (computa na avaliación)
- Portafolios (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Simulación (cancélase por esixir presencialidade)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle: Permanentemente actualizado. Cámbiase a estrutura por temas por unha estrutura por semanas, para facilitar ao alumnado a comprensión das tarefas asociadas a cada semana. Cólgase cada semana o vídeo referido á sesión expositiva. É necesaria a súa consulta, dado que é a ferramenta que ofrece con claridade a visualización dos contidos abordados e tarefas asociadas.
Teams: Convértese no nova aula. As sesións interactivas danse a través dos “Equipos” creados para cada un dos grupos de interactivas. Semanalmente, no horario de interactivas, faise unha chamada grupal dirixida a clarificar dúbidas sobre o “vídeo-presentación” desa semana e a explicar a dinámica de traballo da interactiva. Créanse “Grupos de Chat” para cada un dos grupos de aprendizaxe colaborativa (GAC). Semanalmente, no horario de interactivas, son o espazo de traballo dos GAC, dende o que desenvolven as tarefas en grupo, a través de documentos colaborativos y chamadas grupais. Durante o horario das interactivas, a docente fai o seguimento dos documentos colaborativos e, con elo, do traballo que vai realizando cada grupo. Emprégase o Chat individual co alumnado, segundo o soliciten, para facer titorías individuais..
Correo electrónico: Frecuentemente. Como vía de comunicación co alumnado, especialmente na
na clarificación de dúbidas que poidan xurdir.
4. Modificacións na avaliación
Portafolio (50%). Mantéñense as condicións da súa elaboración.
Proba de ensaio (35%). Mantéñense as condicións da súa elaboración pero de forma non presencial. A proba realízase na data e horario do exame.
Actividades individuais (15%). Dirixidas á reflexividade en torno a realidades sociais ou formas de intervención, situándo ao alumnado en relación aos contidos abordados na materia. Estas actividades vanse subindo ao Moodle, acompañando o desenvolvemento da materia e deben ser entregadas nos tempos establecidos para cada unha delas.
*Observacións de avaliación:
O metodoloxía de avaliación non se ve especialmente afectada polas modificacións derivadas do COVID-19:
- A metodoloxía de “Portafolio” non ten cambios
- A “Proba de ensaio” mantense sen demasiado cambio, xa que era unha proba presencial pero con material e a diferencia coa modalidade actual é que agora faise a distancia, contando con todo o día para realizala, para evitar problemas de conexión ou dificultades persoais concretas.
- As “Actividades individuais” son unha metodoloxía de avaliación incorporada a maiores, pero que non supón incremento respecto ao traballo que se viña realizando. Son actividades moi sinxelas que só buscan a reflexividade sobre os contidos teóricos. Preguntas que se terían incorporado nas sesións expositivas de ser presenciais.
Para aprobar a materia será preciso que cando menos o portafolio e o comentario de texto estean aprobados. Se algún dos elementos está aprobado e o outro non, gardarase para a segunda oportunidade a cualificación do elemento aprobado e só terá que recuperar o suspenso.
Para o alumnado con modalidade non presencial mantéñense as condicións anteriores: Portafolio (60%) e proba de ensaio (40%). Deberá ter unha titoría coa docente para acordar as condicións de elaboración de portafolio de forma individual.
No caso de alumnado con necesidades específicas, acórdase coa persoa e coa ADI a metodoloxía docente e de avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Ningunha
|