Esta materia trata de formar ao alumnado na complexidade dos Servizos Sociais e o Benestar Social dentro do contexto das políticas sociais. Formúlase como obxectivo fundamental a súa capacitación para o estudo das necesidades e demandas, e para a xénese e desenvolvemento de plans, programas e proxectos. Estúdanse os diferentes tipos de Estados do Benestar, as características dos Servizos Sociais dentro das políticas públicas, o marco lexislativo destes Servizos Sociais, e a demanda de servizos públicos de atención social.
Plan de continxencia
No caso que mor do COVID19 teñamos que pasar de docencia presencial a docencia non presencial teranse en conta este plano de continxencia:
1. Modificacións nos contidos
Os contidos teóricos da materia pasarán a ser impartidos de forma dixital a través da Plataforma TEAMS. As clases terán unha duración máis reducida por cuestións pedagóxicas, e asignaranse, material complementario para a correcta comprensión da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral
– Discusión dirixida
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
– Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
– Debates en clase pasarán a facerse por teams
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Dúas veces por semana. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Semanalmente. Segundo a necesidade do alumando.
– Revisión do chat de Moodle para consultas específicas da materia
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do total das probas
3. Entregar e expoñer os traballos na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se producen modificacións na bibliografía da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías