Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa Código 652G03020
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
laura.rego@udc.es
Profesorado
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
laura.rego@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/
Descrición xeral A materia “Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socieoeducativa” persegue que os futuros profesionais da educación social sexan capaces atender ás diferentes perspectivas sobre a comunicación e a colaboración nos procesos de desenvolvemento da acción socioeducativa. Oriéntase pois, ao desenvolvemento de capacidades que permitan a utilización daquelas estratexias de comunicación e colaboración que mellor se adecúen a dinamización dos proxectos no marco dos contextos de intervención destes profesionais. Deste modo, os principais núcleos temáticos céntranse na análise, coñecemento e práctica das estratexias de colaboración, comunicación e de xestión da información para o deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos que se levan a cabo nos diferentes ámbitos da acción socioeducativa.
Plan de continxencia PLAN DE CONTINXENCIA DCCAS 21-22 (Gal) 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios nos contidos da materia. Non obstante estes poderanse reagrupar e organizar de forma diferente ao establecido na guía docente. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral - Traballos tutelados (computa na avaliación) - Portafolios do alumno/a ou plan de Comunicación (computa na avaliación) - Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican - Proba mixta. Non se realizará e no seu lugar levarase a cabo unha “Proba de solución de problemas”. - Presentación/divulgación de eventos científicos. Poderá suprimirse (en función das necesidades das persoas invitadas) ou realizarse empregando a aplicación - Microsoft Teams no horario establecido para a materia. - Presentación oral. Os grupos de traballo ou alumnos/as individualmente realizarán as presentacións orais empregando vídeo-presentacións ou a aplicación M. Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico. Diariamente e, no caso de que o volume de correos así o requira, as consultas serán arquivadas e respondidas no horario de titorías da profesora. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados e do portafolios do alumno/a e plan de comunicación. - Moodle: Diariamente, segundo a necesidade do alumando, mais con especial atención ao calendario de aulas da materia aprobado pola Facultade. Nela o alumnado poderá atopar: • Repositorio de documentos de lectura (obrigatorios e adicionais). • Publicación de indicacións para a realización do Portafolios do alumnado/Plan de Comunicación e a proba de Resolución de problemas. • Publicación de cualificacións finais provisionais e definitivas. • Poderán existir “Foros de actividade específica” ou “ Foros temáticos asociados aos módulos” no caso de ser preciso - Microsoft Teams (En casos de limitacións coa conexión, poderá valorarse coa profesora o emprego de Skype, Zoom, Whereby ou ferramentas análogas). 4. Modificacións na avaliación As metodoloxías que se terán en conta para a configuración da nota final serán: - Traballos Tutelados (15%). Estes traballos serán avaliados tomando en consideración os criterios de avaliación establecidos na guía docente. - Portafolios do alumno/a ou Plan de Comunicación (25%). Tomaranse en consideración os criterios de avaliación establecidos na guía docente. - Presentación oral (10%). En caso de non poder desenvolverse na aula, levaranse a cabo empregando vídeo presentacións elaboradas polo alumnado que serán subidas a Moodle ou empregando a aplicación M. Teams. Tomaranse en consideración os criterios de avaliación establecidos na guía docente. - Proba de solución de problemas (50%). Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron ao longo da materia, que pode ter máis dunha posible solución. Poderá ser realizar un comentario breve sobre un fragmento dun texto seleccionado ou establecer relacións entre os contidos abordados na materia de forma fundamentada. Esta proba realizarase de forma individual. Valorarase especialmente o nivel de comprensión e desenvolvemento dos contidos da materia, a capacidade de concreción e síntese, o correcto uso de terminoloxía básica da materia, a capacidade de relación entre os contidos analizados e a organización coherente do discurso. Na data oficial fixada para a realización do exame da materia publicaranse na Moodle esta proba de solución de problemas. O alumnado disporá para realizala do mesmo tempo que tería dispoñible para realizar a proba final da materia. Ao finalizar deberán entregar a proba por Moodle a través dunha tarefa que se abrirá para tal fin. No caso de que o alumnado non conte coas condicións necesarias de conectividade para poder resolver a proba, deberá comunicalo á docente o antes posible para poder realizar os axustes oportunos. *Observacións de avaliación: Os requirimentos ao alumnado con dedicación completa, ao alumnado a tempo parcial, así como os requisitos para superar a materia e as condicións da avaliación na 2ª oportunidade, mantéñense tal como figuran na guía docente, agás que o cómputo da asistencia vaise realizar empregando a aplicación M. Teams e verificando que o alumnado estea conectado nos horarios de aula establecidos. 1. SITUACIÓNS: Para o alumnado con dedicación completa, a asistencia/participación nas actividades de aula será en calquera caso como mínimo do 80%. En caso de cumprir con ese requisito, a cualificación quedará configurada tal como segue: - Elaboración dos traballos tutelados en pequeno grupo: 15% da nota final. - Elaboración do portafolios/plan de comunicación en pequeno grupo: 25% da nota final - Proba de solución de problemas en pequeno grupo: 50% da nota final. - Presentación oral: 10% da nota final Pola contra, o alumnado que conte co recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a “Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC (Artigos 3ºb e 4º.5) do 29/05./2012 e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario” (Artigos 3º e 8ºb) do 28/09/2016, poderá facer un seguimento non presencial da materia empregando a Moodle. Nese caso deberá realizar igualmente tódalas evidencias sinaladas anteriormente —traballos tutelados; portafolios do alumno/a/ plan de comunicación e proba de solución de problemas— a excepción da presentación oral, mais de xeito individual ou en pequeno grupo de non asistentes (deberá acordalo previamente coa profesora). A distribución porcentual da cualificación para este alumnado será a seguinte: - Elaboración dos traballos tutelados: 20% da nota final. - Elaboración do portafolios/plan de comunicación: 30% da nota final - Proba de solución de problemas: 50% da nota final. Así mesmo, deberá respectar as datas de entrega propostas para o alumnado asistente en cada un dos traballos tutelados a realizar, facendo así un seguimento continuo da materia. En caso contrario, os traballos figurarán como non presentados, sendo esta mesma a cualificación a obtida na materia. 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: Para superar a materia será necesario acadar cando menos, 5 puntos sobre 10 en tódalas partes que compoñen a avaliación—media dos traballos tutelados; portafolios do alumno/a/ plan de comunicación, media das presentacións orais e proba de solución de problemas—. Deberase tamén entregar os traballos solicitados na data que se indique e respectando as instrucións de formato proporcionadas pola profesora. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios e pautas que a de xuño, tendo en conta que no caso de ter superada algunha das partes obxecto de avaliación na primeira oportunidade, a cualificación obtida na mesma será gardada no caso da segunda oportunidade, sendo só necesario superar as partes que falten. Ao igual que na primeira oportunidade, a proba de solución de problemas será de carácter individual para todo o alumnado. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Todos os documentos de uso obrigatorio da materia estarán dixitalizados e dispoñibles para a súa descarga en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes