Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación ocupacional
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas das temáticas do programa e no coñecemento de recursos para o deseño do programa de orientación ocupacional. Nesta metodoloxía diferéncianse dous momentos e dúas modalidades de traballo, que se relacionan coas fases da clase invertida:
a) Fóra da aula, traballo individual (lectura e/ou visionado dos documentos e/ou recursos audiovisuais.
b) Nas aulas interactivas,traballo grupal de posta en común e de aplicación ao deseño do programa de orientación ocupacional.


Presentación oral Consiste na defensa e presentación do programa orientación ocupacional.
Seminario Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
A súa finalidade e triple:
- Visibilizar referentes profesionais que teñen o galego como lingua de traballo.
- Caracterizar praxes profesionais vencelladas á inserción laboral de diferentes colectivos.
- Obter información profesional (ámbitos, funcións, acceso, perfil competencial, condicións laborais...)
Discusión dirixida Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" Tátase dun auto-diagnóstico invididual e grupal sobre a propia situación socilolínguúística no que se valoran a competencia, os usos e crenzas lingüísticas. A partir deste autodiagnóstico reflexivo e compartido terán que formular os retos relativos ós usos e mellora da competencia ós que se comprometen no cuadriamestre. A partir dos preconceitos e estereotipos detectados realizarase unha discusión dirixida. As conclusións desta actividade terán que quedar reflectidas por escrito. ó final do cuadrimestre terán que facer un balance sobre os retos acadados. Esta actividade puntúa na cualificación como actividade optativa.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa é, xunto coa ABP e a clase invertida, un dos eixos metodolóxicos da materia que está presente no traballo tutelado e na presentación oral.
Sesión maxistral Esta metodoloxía utílizase para presentar unha sintese dunha parte dos contidos e da súa aplicación ao traballo tutelado.
Traballos tutelados Consiste no deseño dun programa de orientación ocupacional para un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social. Esta tarefa é grupal e nela converxen a aprendizaxe colaborativa e a análise documental.
Proba mixta Constará de preguntas curtas de análise e reflexión sobre os contidos teóricis e de cuestións prácticas relacionadas cos distintos elementos do programa de orientación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes