Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación ocupacional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A5 A8 A9 A14 A21 B4 C3 C4 Consiste no deseño dun programa de orientación ocupacional no que se diferencian dous apartados. No primeiro, de fundamentación teórica, analízase: a concepción e dimensións da orientación ocupacional xunto coas súas implicacións para o deseño do programa e as barreiras relacionadas coa empregabilidade e co xenero que atrancan a inserción laboral do colectivo. Na segunda parte, preséntanse os distintos elementos do programa (obxectivos, contidos, duración e temporalización, metodoloxía, actividades, recursos e avaliacion). Os criterios de avaliación e cualificación preséntanse nunha rúbrica que estará dispoñible en moodel. 60
Proba mixta A2 A5 A8 B1 C1 As preguntas de resposta breve puntúan o 70% do valor da probo. O 30% restante corresponde a cuestións de tipo práctico relacionadas co deseño do programa de orientacion ocupacional. 40
 
Observacións avaliación
Requisito para superar a materia

Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada en cada unha das dúas tarefas que computan na avaliación (3) no programa de orientación  2 na proba mixta. A non realización dunha das dúas tarefas implica a cualificación de NP.

Convocatoria de xullo (segunda oportunidade)

Na segunda oportunidade recuperanse as  tarefas non superadas.

Evaluación das actividades grupais

As actividades que se realizan en grupo van ser obxecto de autoavaliación e coavaliación. Os resultados desta última trasladanse a cualificación  de cada persoa do grupo.

Actividades optativas

Coa realización da actividade optativa pode obterse até dous puntos. A actividade xa descrita consiste no auto-diagnóstico reflexivo sobre a súa situación  sociolingüística e o  balance dos retos acadados en relación coa competencia e cos usos.

Modalidad especial de avaliación


As persoas con matrícula a tempo parcial e dispensa académica poden
acollerse a unha modalidade específica de avaliación na que é
imprescindible o seguimento e supervisión das tarefas propostas. Para
estes casos, a proba mixta substitúese por un informe de aprendizaxe e mantéñense o resto das actividades de avaliación.

LINGUAXE  INCLUSIVA

 A linguaxe inclusiva é de uso obrigado.


FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA 


Citación de fontes

Os contidos incluídos (texto literal e parafraseo)  nos traballos deben estar 
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as
normas APA 7ª edición. Para visibilizar as autoras  a inicial do nome será  substituído  polo nome completo, tanto de autoras como  de autores.   

Plaxio

O plaxio en calquera das  actividades da avaliación será motivo  de suspenso. Así  o establece o artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes