Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Técnicas de recollida e análise da información
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Técnicas de recollida e análise da información Código 652G03026
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
luisa.losada@udc.es
Web http://https://www.udc.es/es/centros_departamentos_servizos/departamentos/departamento/?codigo=D162
Descrición xeral A realidade socio-educativa do/da educador/a social é complexa, diversa e difícil de analizar, describir e interpretar. Por iso, é necesario que ao longo da súa formación académica, adquira unha serie de competencias que lle permitan desenvolver a súa posterior actividade profesional. Por tal circunstancia, a aprendizaxe e aplicación de diversas metodoloxías de investigación, que se desenvolven nesta materia, permitirá nun futuro ao/a educador/a social seleccionar a máis adecuada para solucionar os problemas que se atopará no seu próximo ámbito laboral, sen esquecer que este/a axente, dentro do seu ámbito laboral terá que investigar para poder achegar posibles solucións que melloren o contexto no que se desenvolva a súa actividade laboral. A diversidade de concepcións epistemolóxicas aplicables ás distintas situacións sociais será fonte de información para o/a investigador/a social, permitíndolle determinar cal é a máis adecuada para solucionar o problema ao que se enfronta. Non se pretende establecer unha prelación ou unha orde de importancia entre os variados modos de investigación, senón que é o problema de investigación o que determinará a elección dunha metodoloxía ou outra, facendo dela a máis válida para este tipo de problema. Todo isto non ten sentido se non nos preguntamos e respondemos á pregunta: que queremos conseguir?. Son moitos os instrumentos que podemos utilizar para obter datos e, por iso, é necesario ter coñecemento do amplo abano de posibilidades. Un/ha bo/boa profesional será aquel/a que saiba optar, en cada circunstancia, polas técnicas e instrumentos que mellor se adapten á situación. É necesario afondar no coñecemento e no dominio das distintas ferramentas que temos á nosa disposición. Así, nesta materia iranse analizando as principais técnicas e instrumentos que poden ser aplicadas ao ámbito socioeducativo, indicando as súas características fundamentais, as vantaxes e inconvenientes que presentan e as circunstancias ou momentos máis adecuados para poñelas en práctica.
Plan de continxencia Plan de continxencia (adaptado de addenda Covid19): 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen: –Sesión maxistral – Prácticas a través de TIC – Estudo de casos – Solución de problemas – Análises de fontes documentais – Aprendizaxe colaborativa – Proba Mixta – Atención personalizada Metodoloxías docentes que se modifican: non se realizarán cambios 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: –Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Campus Virtual: Campus Virtual: Diariamente. De uso para dar acceso ao material ao alumnado, facilitarlle información de relevancia e para a solicitude de titorías síncronas para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Ademais das titorías síncronas e asíncronas, o alumnado dispón dun foro de consultas no que tanto as docentes como el mesmo, poderán crear novos fíos asociados aos módulos ou a actividades específicas, para facer consultas cuxa resposta sexa útil ao conxunto do estudantado. – Teams: A) sesión semanal en gran grupo interactivo (como nas clases interactivas) para o avance dos contidos e das fichas e probas de coñecemento na franxa horaria que ten asignada a materia non calendario de clases aprobado en Xunta de Facultade. B) De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas) para ou seguimento e apoio na realización das fichas guiadas. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades de aprendizaxe do alumando para desenvolver a materia. 4. Modificacións na avaliación: non se realizarán cambios Observacións: a) A presencialidade dos/as estudantes só controlarase nas clases interactivas da materia a través da realización das probas de coñecemento que se farán ao final de cada sesión, sendo imprescindible que o alumnado a realice e entregue estando presente na aula. Os/as estudantes serán considerados presenciais sempre que asistan ás clase interactivas; soamente poden faltar tres veces (sen xustificante), pero nunca máis de dúas veces en cada una das partes da materia (parte técnicas e parte análise). Os/as estudantes poden presentar xustificantes, por faltar a clase, sempre que sexan médicos, de traballo, de hospitalización, etc. pero deben ser homologados (non poden ser, por exemplo, a solicitude dunha cita médica, etc.). O recurso principal que se empregará para o control da asistencia do alumno será o Campus Virtual, onde se realizarán as probas de coñecemento, así como algún outro medio virtual para o rexistro das asistencias (p. ex. Forms). b) Os/as estudantes non presenciais poden seguir a materia por Campus Virtual, se ben non poderán participar nas probas de coñecemento nin serán convocados por TEAMS para as clases interactivas. Considerarase alumnado non presencial aquel que, dada unha nova situación de confinamento, ate ese momento tivera elixido esa opción (na primeira semana de clase) ou ben tiverá superado xa as tres faltas de asistencia en total (ou dous nalgunha das partes da materia); nesta última opción as/os estudantes pasarían automáticamente a esta modalidade. Manterase a avaliación deste alumnado tal e como se recolle na Guía Docente, no apartado específico de "observacións". c) A avaliación será totalmente a través de Campus Virtual, coas diferenzas presentadas na guía docente entre estudantes presenciais ou non presenciais. d) As clases expositivas continuarán baixo a modalidade non presencial. Preséntase cunha semana de antelación ao estudantado en Campus Virtual (as clases expositivas serán os luns de 9 a 10:30) un Power Point coa voz gravada da explicación ou ben a través dun vídeo de stream (a ligazón aparecerá en Campus Virtual). e) As clases interactivas mudará á modalidade non presencial, mantendo o formato de grupos de traballo que se especificaran na modalidade híbrida. Os grupos de traballo crearanse por TEAMS, que será o medio a través do cal se fará o seguimento das fichas e da proba de coñecemento por parte das profesoras (estas clases serán sempre no horario aprobado pola Xunta de Facultade). f) A avaliación da materia será, en todas as posibles modalidades, virtual (debido a circunstancias sanitarias) e manterase a mesma ponderación das calificacións, con independencia da modalidade docente. Será da seguinte forma: a proba mixta realizarase por Campus Virtual (na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade para o exame da convocatoria de xaneiro ou xullo); as probas de coñecemento serán dentro de cada clase interactiva (neste caso, ao final da clase interactiva por TEAMS). As probas non se habilitará ata que comecen as clases interactivas cada grupo interactivo (cada grupo interactivo terá unha proba de coñecemento diferente); as fichas que se fagan serán presentadas en dous documentos e serán colgados en Campus Virtual na data establecida polas profesoras o primeiro día da clase. Cabe lembrar que a/o estudante presencial debe presentarse a cada unha das formas de avaliar para superar a materia, e dicir, debe facer a proba mixta e as probas de coñecemento (a cualificación destas probas está condicionado sempre á entrega dos documentos das prácticas en Campus Virtual). Os/as estudantes non presenciais terán que realizar a proba mixta unicamente (ver o apartado de avaliación da guía docente). g) As titorías da materia serán individuais (excepto no caso de tutorías sobre os dossiers de traballo) e virtuais. O alumnado deberá solicitar hora ás docente vía Campus Virtual, no enlace facilitado para tal fin. MOI IMPORTANTE, AS TUTORIAS SEMPRE SERÁN DENTRO DO HORARIO PRESENTADO POLAS DOCENTES QUE IMPARTE A MATERIA. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Campus Virtual.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes