Nesta materia trátase de concebir a educación como un sistema en si mesmo, coas súas correspondentes partes, elementos, funcións, organización e institucionalización, e que á súa vez forma parte do sistema social en xeral. Con este curso o que se pretende é que o alumnado acade un grao de coñecemento e tamén concienciación e interiorización do proceso conformador da educación como fenómeno sociolóxico, co seu correspondente espazo, papel e funcións nas nosas sociedades. Tamén se trata dunha formación que persegue dotar de habilidades teórico-prácticas ao seu alumnado sobre un ámbito tan importante como a educación, para que a integren tanto a nivel persoal como profesional.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modificarían os contidos da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral, Traballos tutelados e Lecturas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A sesión maxistral convértese nunha clase asíncrona en Teams, gravada e distribuída posteriormente en Moodle; é complementada cunha titoría semanal en Teams, na que se promove a interacción e a discusión sobre os contidos teóricos de cada clase; os Traballos tutelados continúan a ser guiados telematicamente (en Teams e por e-mail), pero a súa presentación oral na aula é suprimida e substituída por entregas por escrito; a Presentación oral dos traballos queda cancelada.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
En TEAMS: Un día á semana grávase unha clase teórica asíncrona en Teams, distribuíndo o seu enlace a través de Moodle. Un día á semana celébrase unha titoría colectiva en Teams, tamén gravada e distribuída a continuación por Moodle.
En MOODLE: Semanalmente súbense os materiais, os power-points, as lecturas e os enlaces correspondentes, pendurando as gravacións asíncronas das clases e as titorías telemáticas. Créanse tarefas puntuais para a entrega das prácticas e traballos tutelados.
E-MAIL: A diario aténdense as dúbidas personalizadas do alumnado, e tamén se fan chegar semanalmente indicacións a través de Moodle.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados: 100%. Inicialmente, os traballos tutelados (recensión dun libro, traballo de investigación en grupo, etc.) tiñan un peso total do 90%, estando o 10% restante reservado á exposición dun dos traballos de investigación en grupo na clase. Coa modificación, suprímense todas as exposicións e os traballos tutelados pasan a ter un valor total do 100%. A presentación oral, polo tanto, quedaría suprimida.
*Observacións de avaliación:
O alumnado que cursaba a opción de "avaliación non continua" seguirá baixo as mesmas premisas: a súa avaliación basearase nunha recensión bibliográfica (30%), un traballo de análise sobre material audiovisual distribuído polo profesor (30%) e o exame realizado na data oficial (40%).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías