Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Recursos e estratexias para a intervención no tempo libre
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Recursos e estratexias para a intervención no tempo libre Código 652G03030
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
hector.pose@udc.es
Profesorado
Barba Núñez, María
Pose Porto, Hector Manuel
Correo electrónico
maria.barba@udc.es
hector.pose@udc.es
Web http://www.udc.es/dep/pdce/HectorPose
Descrición xeral Na materia abordaremos o tempo libre e a experiencia do ocio, tomando en consideración diferentes variables (idade, xénero, socioculturais, diversidade funcional, etc.) e a súa incidencia. Coñeceremos a pedagoxía do ocio como área de traballo da educación social, así como factores e recursos a ter presentes na súa intervención. Promoverase a experiencia práctica e o diálogo con profesionais. Preténdese que o alumnado comprenda o ocio como dereito e como unha das dimensións de calidade de vida das persoas, integrando o traballo con esta dimensión nos diferentes ámbitos de exercicio profesional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios, salvo naqueles eminentemente prácticos, que se adaptarán ás condicións. 2. Metodoloxías Mantéñense as metodoloxías docentes. Para as sesión maxistrais, cólgase no Moodle un vídeo-explicativo no que se narra a presentación de power point, acompañado dalgunha actividade de proba mixta e lectura de reforzó da aprendizaxe. Durante o horario de expositivas a profesora estará conectada para resolver as dúbidas que poidan xurdir. Nas interactivas, mantense a dinámica de traballo por grupos de aprendizaxe colaborativa, a través do chat de Teams habilitado pola profesora para cada grupo. Participar nesta metodoloxía de traballo implica conectarse a través do Teams no horario de interactivas. No horario das interactivas e no traballo autónomo do alumnado, desenvólvense as metodoloxías de: aprendizaxe colaborativa: estudo de casos , discusión dirixida, lecturas e simulación, proba de ensaio (computa na avaliación) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle: Permanentemente actualizado. Cólgase cada semana o vídeo referido á sesión expositiva e tarefas asociadas. É necesaria a súa consulta, dado que é a ferramenta que ofrece con claridade a visualización dos contidos abordados e tarefas asociadas. Teams: Convértese no nova aula. Semanalmente, no horario de interactivas, faise unha chamada grupal dirixida a clarificar dúbidas sobre o “vídeo-presentación” desa semana e a explicar a dinámica de traballo da interactiva. Créanse “Grupos de Chat” para cada un dos grupos de aprendizaxe colaborativa. Correo electrónico: como vía de comunicación co alumnado, especialmente na na clarificación de dúbidas que poidan xurdir. 4. Modificacións na avaliación Portafolio (50%). Mantéñense as condicións da súa elaboración. Proba de ensaio (35%). Mantéñense as condicións da súa elaboración pero de forma non presencial. A proba realízase na data do exame, contando con todo o día para a súa realización. A proba estará habilitada no Moodle dende as 9:00 ás 23:55. De 9:00 a 10:00 e no horario do exame (de 16:00 a 19:00) a profesora estará dispoñible para consultas que precisen facer. O propio día do exame colgaranse dous textos. Deben seleccionar un deles para facer o comentario, que terá unha extensión máxima de 1500 palabras. Actividades individuais (15%). Dirixidas á reflexividade en torno a realidades sociais ou formas de intervención, situándo ao alumnado en relación aos contidos abordados na materia. Estas actividades vanse subindo ao Moodle, acompañando o desenvolvemento da materia e deben ser entregadas nos tempos establecidos para cada unha delas. *Observacións de avaliación: O metodoloxía de avaliación non se verá alterada. Para o alumnado con modalidade non presencial mantéñense as condicións anteriores. No caso de alumnado con necesidades específicas, acórdase coa persoa e coa ADI a metodoloxía docente e de avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes