ASISTENCIA A asistencia ás sesións presenciais ou virtuais é obrigatoria. A asistencia xustifícase en base a que as clases son moi interactivas e se traballan aspectos procedimentais e actitudinais que son necesarios para aprobar a materia, polo tanto, nesta materia non procederá a dispensa de asistencia no alumnado con matrícula a tempo parcial. Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial solicitarán unha titoría, antes do inicio da materia, co obxecto de establecer o réxime de asistencia (que será como mínimo, o 50% das clases, e a súa non consecución impedirá a superación da materia), as actividades a realizar, o sistema de avaliación, e o proceso de supervisión e seguimento. O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado na clase. O alumnado que non asistan ó 80% das horas de clase terá unha cualificación de non presentado. O alumnado que non presente todos os traballos da materia terá unha cualificación de non presentado. Na oportunidade de xullo, o alumnado realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula. No caso de desenvolver as clases de forma virtual a través de Teams, a asistencia obrigatoria se manterá. REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA A cualificación final será o resultado da puntuación obtida no portafolio do alumnado, sendo indispensable obter a metade da cualificación para superar a materia. Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia e/ou non presenta o portafolio, terá unha cualificación de non presentado. Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula. Será primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia. PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será motivo de suspenso. No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento". FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua. NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf |