Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Cuestións filosóficas do mundo contemporáneo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Cuestións filosóficas do mundo contemporáneo Código 652G03036
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Profesorado
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Web http://www.udc.es (página Web de la Facultad de Ciencias de la Educación)
Descrición xeral A materia "Cuestións filosóficas do mundo contemporáneo" proponse prantexar ao alumnado, desde una perspectiva filosófica (polos conceptos e teorías ós que se recurre, tomados do pensamento do século XX), unha reflexión sobre algúns dos principais desafíos que debe afrontar a sociedade contemporánea. Trátase de cuestións que afectan, desde un punto de vista reflexivo, á labor dos educadores sociais, pois as dificultades prácticas que estes teñen que afrontar non poden desligarse dalgúns dos grandes problemas abordados pola filosofía do pasado século. Cuestións como o debate en torno á posmodernidade, a presencia da barbarie na historia máis recente, a crítica dunha racionalidade unilateralmente orientada ó científico-técnico, os procesos de emancipación da muller ou a impronta da secularización na nosa situación cultural cóntanse entre os asuntos a reflexionar a partir de textos filosóficos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Práctica do comentario por parte do alumnado dos fragmentos extraídos dos textos traballados *Metodoloxías docentes que se modifican De desaparecer a docencia presencial, manterase o horario oficial de clases con docencia virtual a través de Microsoft Teams. Tamén se ofrecerá a posibilidade de titorías vía e-mail oumesmo Microsoft Teams 3. Mecanismos de atención persoalizada ó alumnado Posibilidade de titorías virtuais dentro do horario oficial de titorías 4. Modificacións na avaliación Se resultase imposible a realización presencial das probas escritas e non fose posible garantir a súa realización en condicións académicas satisfactorias, se suprimirá a proba mixta e a proba do libro de lectura se fará de xeito virtual, consistindo en cuestións de resposta breve. Nese caso, en lugar de entregar tres comentarios, o alumnado deberá entregar cinco (un por cada unha das unidades temáticas). *Observacións de avaliación: Os criterios de avaliación dos comentarios seguen a ser os vixentes para o ensino presencial No caso hipotético de non ter lugar a proba mixta, a cualificación do alumnado modificarase do seguinte xeito: 5 comentarios (50 %) – proba do libro de lectura (40 %) – asistencia e participación (10 %) 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ó igual que no ensino presencial, facilitaranse ó alumnado arquivos con material complementario sobre as unidades temáticas
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes