Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Xerontoloxía
 Asignaturas
  Demografía do Envellecemento
   Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Ser capaces de recoñecer as principais patoloxías e síndromes xeriátricas mediante a aplicación de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito da xerontoloxía
A2 Ser capaces de aplicar o método de valoración xeriátrica e xerontolóxica integral a fin de poder establecer as bases para implementar o plan de atención individualizado
A7 Adquirir coñecementos avanzados e demostrando, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo no campo da Xerontoloxía
A8 Saber aplicar e integrar os coñecementos adquiridos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en contornas sociais e sociosanitarias e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais do campo da xerontoloxía
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa xerontoloxía e a xeriatría
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións– e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes