Nesta materia o alumno adquirirá os coñecementos necesarios para ser un usuario experto na utilización das principais ferramentas software de propósito xeral necesarias para a investigación actual. Debe estar familiarizado co manexo correcto do programa Word, xeración de PDFs, recuperación de contidos multimedia desde as distintas fontes accesibles no eido da investigación: imaxe dixital, son dixital e vídeos de Internet, imaxe de cámaras dixitais, conversión de formatos de imaxe e vídeo, etc. Ademais debe ser capaz de manexar adecuadamente os recursos bibliográficos na rede, acceso a bases de datos, revistas de texto completo e blogs de intercambio de información
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Nos se producirán de forma xeral, algún contido nos será explicado con tanto detalle na modalidade on-line
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas.
As sesións maxistrais pasae a ser a través de Teams
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A través do correo electrónico, foro de Moodle e chat de Teams
4. Modificacións na avaliación
Nos se produce xa que é unha materia de avaliación de traballos. A proba obxectiva (30%) pasa a ser avaliada polos traballos de práticas
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías