Uso docente do inglés: será conveniente que o alumnado teña un
coñecemento básico de inglés para manexar material bibliográfico e/ou ler algún
texto escrito nese idioma e, sobre todo, consultar en Internet distintas
páxinas relacionadas coa materia da clase. Recoméndase que os estudantes teñan
un grao de coñecemento de inglés correspondente ao nivel A2 de usuario básico,
recollido no documento do Marco común europeo de referencia sobre coñecemento
de idiomas (http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/cvc_mer.pdf)
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE
MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:
- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta
materia, realizarase a través da plataforma Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos.
- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores
da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando
pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos
desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade.
- Prestarase especial atención en detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón
físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a
un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
- Nesta materia, o profesorado, ten contraído o
compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio. |