Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
 Subjects
  Clinical Trials: Methodological and Ethical-Legal Aspects
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Objective test B8 B9 Proba obxectiva con preguntas tipo test sobre os contidos desenvoltos no bloque de Aspectos metodolóxicos dos ensaios clínicos 25
Supervised projects A1 B1 B2 B6 B7 B10 B11 C6 C1 Actividade práctica onde se reflicte o dominio teórico e metodolóxico da materia. 75
 
Assessment comments

Sistema de avaliación

A materia estrutúrase en dous bloques
independentes, Bloque 1 (que corresponde ao Tema 1. Aspectos
metodolóxicos dos ensaios clínicos) e
Bloque 2 (correspondente ao Tema 2. Aspectos
ético-xurídicos de los ensaios clínicos). 
Os bloques son independentes, de maneira que a nota dun deles non afecta á nota
do outro. 

Para aprobar a materia é preciso superar,
de maneira independente, cada un dos dous bloques. Nese caso, a cualificación
final será a suma ponderada das notas de cada un dos dous bloques. No caso de
non ter superado algún dos bloques, a cualificación máxima que poderá figurar na acta será de 4.5.

Para obter a cualificación de NP (Non
Presentado), o/a alumno/a non poderá ter participado en ningunha das
actividades/metodoloxías de avaliación propostas. 

O sistema de avaliación descrito é
aplicable ó alumnado en 1ª e 2ª oportunidade. No caso do alumnado de segunda
convocatoria e sucesivas, non se conservarán as cualificacións dos bloques
obtidas en cursos anteriores. 

Bloque I (Tema 1. Aspectos metodolóxicos
dos ensaios clínicos)
:

A puntuación máxima total deste bloque
será de 5 puntos (sobre 10). Constará de dúas partes:


  • Unha parte que se obterá da entrega de algún traballo práctico proposto
    que deberá realizarse individualmente (Traballo tutelado), en relación cos
    contidos desenvoltos nesta parte da materia (2.5 puntos sobre 10)

  • Unha parte que se obterá da calificación obtida nunha
    proba obxectiva (2.5 sobre 10), realizada de forma online, en relación cos
    contidos desenvolvidos nesta bloque da materia.

Bloque II (Tema 2. Aspectos
ético-xurídicos de los ensaios clínicos). 
 

A puntuación máxima total deste bloque será de 5
puntos (sobre 10). O sistema de avaliación será o traballo tutelado.

 

Convocatoria adiantada

Os criterios son os establecidos nas
"Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dúas
estudos de grao e mestrado universitario", artigo 19. 

Matrícula de honra

Poderán optar á matrícula de honra os
alumnos cuxa media supere o 9. As profesoras da materia poderán considerar
criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das
accións formativas programadas na guía docente.

Fraude

No caso de realización fraudulenta
das probas ou actividades de avaliación aplicarase a normativa vixente
nas Normas de avaliación, revisión e reclamación da UDC e
no Estatuto do Estudantado da UDC

Todas as observacións previas son
aplicables ao estudantado a tempo parcial e/ou con dispensa académica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes