ALUMNADO XERAL (SIN DISPENSA DE DOCENCIA)
Será imprescindible entregar o traballo conxunto e máis do 50% dos traballos individuais, para a valoración final teranse en conta estes conceptos aos que su unirá a proba mixta.
A cualificación final será a suma das diferentes cualificación das metodoloxías.
A cualificación de NON PRESENTADO aplicará
cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
nota acadada.
ALUMNADO CON DISPENSA DE DOCENCIA CONCEDIDA
Como alternativa, aqueles alumnos que non poida facer un
normal seguemiento da materia por ter concedida de forma expresa a DISPENSA
DE DOCENCIA, poderán optar por examinarse do 100% da súa cualificación
por medio dunha proba obxectiva final, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos do programa.
De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará
suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na segunda
oportunidade, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba
obxectiva por valor do 100% da cualificación, versando tanto sobre
contidos teóricos como prácticos do programa.