Presentación oral |
A5 A8 A13 A18 A19 A29 A30 A31 A33 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C8 |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Consisitirá nun traballo relacionado coa materia que será exposto en clase. |
20 |
O alumnado do grao on line non ten a obriga de asistir ás clases programadas na semana, pero sí a visualizar as clases maxistrais ou interactivas gravadas, así como os materiais engadidos na plataforma Moodle. Valorarase a participación nos foros propostos e a asistencia a titorías individualizadas. Todas as probas teñen que superar o 50% da nota, para poder facer o cómputo final O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva (independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun " NP" (Non Presentado), aínda no caso de tener feito, presentado e exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación. Tanto en primeira como en segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación. A convocatoria adiantada consistirá nunha proba mixta que computará o 100% da materia O traballo será presentado e defendido tanto por escrito como en formato on line, mentres que a proba mixta haberá de realizarse de forma presencial. A detección de plaxio o falsedade será penalizada co suspenso na materia.
|