Con esta materia preténdese a aproximación do alumnado ao turismo en todos os seus ámbitos dun modo introductorio. A adquisición dunha cultura turística e a comprensión dos distintos aspectos e organización da actividad dende un punto de vista transversal, son obxectivos básicos a alcanzar no transcurso da mesma e imprescindibles para que o alumnado se familiarice coa realidade turística e a súa terminoloxía.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non haberá cambios nos contidos
2.Metodoloxías
• Metodoloxías docentes que se manteñen: Clase maxistral, titorías, moito máis personalizadas.
Todos os materiais estarán a disposición do alumnado na plataforma Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Clase on line (Teams). Manterase o horario de clase.
Titoría (Teams e correo electrónico). As que o alumnado precise.
4. Modificacións na avaliación
Traballo tutelado 70% Traballo de Principio de Grao. Manteranse ás características do traballo establecidas no inicio do cuatrimestre.
60% traballo escrito 10% defensa
Addenda ao traballo tutelado 30% Apartado engadido ao traballo tutelado, que consistirá en explicar a súa relación cos contidos da materia. (Substitúe ao exame presencial)
Observacións de avaliación: Elimínase a proba escrita e substitúese por una adenda ao traballo inicial. O traballo tutelado consistía en un documento escrito e unha exposición. Elimínase a exposición e simplemente se fará unha sesión de defensa do traballo, na que o alumnado deberá responder a algunha pregunta proposta pola profesora e referida ao proceso de elaboración do mesmo.
A defensa do traballo farase no período de avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
A bibliografía manterase, posto que xa se lles indican nas presentacións moitas referencias on line e dáse o visto bo ao emprego da bibliografía dispoñible na rede.
Nas clases e titorías iranse indicando numerosas referencias útiles, que serían excesivas para enumerar aquí.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías