Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Aloxamentos e Restauración I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A33 A34 B4 B6 B7 C3 C1 Terase en conta na súa valoración: a exposición (a través de Microsoft Teams), a capacidade de recompilación, a capacidade de síntese, a achega persoal, o rigor e a actualización das fontes utilizadas. Ademais do traballo individual, tratarase de fomentar o traballo en equipo, se é posible, en grupos de non máis de tres alumnos. O prazo e o modo de entrega serán de obrigado cumprimento. 40
Proba obxectiva A12 A14 A20 A21 B1 B2 B3 A proba escrita de contido teórico-práctico consistirá na resolución de exercicios breves e/ou resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. 60
 
Observacións avaliación

Segundo a participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:

Opción A (Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria).-

1) Traballos tutelados 40%

2) Proba obxectiva 60%. Dita proba obxectiva, abarcará toda a materia e consistirá na resolución de exercicios breves, responder a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento.

A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final obterase da avaliación dos Traballos tutelados e da Proba Obxectiva. No conxunto das dúas partes (40% e 60%), o alumnado deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10. Con todo, non se considerará superada a materia, se nos Traballos tutelados non se obtén un mínimo de puntuación de 1 sobre 4 puntos (caso de esixirse un só traballo, se se esixisen dous traballos a puntuación mínima requirida sería de 0,5 puntos sobre 2 puntos totais, en cada un deles), e na Proba Obxectiva un mínimo de 2,5 puntos sobre 6 puntos totais.


Opción B (Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria).- Para o alumnado que non entregue algún dos Traballos tutelados ou non chegue ao mínimo de puntos esixido neles

1) Proba obxectiva 100%. Dita proba obxectiva única, abarcará toda a materia e consistirá na resolución de exercicios breves, responder a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. Esta proba representará o 100% da nota final. O alumnado deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.

 

Na segunda oportunidade da Primeira Convocatoria, e nas oportunidades de ulteriores convocatorias, aplicarase o sistema de avaliación por proba obxectiva única.

O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva
(independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun
"NP" (Non Presentado), aínda no caso de tener feito, presentado e
exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación

Implicacións do plaxio"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes