Traballos tutelados |
A11 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B3 B4 B6 B7 C1 C6 |
Realización dun traballo tutelado relacionado cos bloques de contidos da materia.
|
25 |
Proba mixta |
A12 A22 A24 B3 B4 C1 |
Realización dunha proba tipo test que recolla os contidos teóricos dos diversos bloques temáticos da materia. |
30 |
Os estudantes elixirán ao principio do cuatrimestre se queren avaliación
continua ou non continua. No caso de que o estudante elixa a avaliación
non continua a proba obxectiva será o exame final. Neste sentido, a nota
final calcularase da forma seguinte: - Avaliación continua:
como aparece descrito no cadro superior: proba obxectiva (30%),
contidos dos traballos tutelados coa correspondente defensa oral (65%) ou opción de traballo tutelado (25%), actividade de aprendizaxe servizo (30%) e defensa oral (10%) e prácticas clínicas (5%). A proba obxectiva ten que ter unha nota igual ou
superior a 5 puntos para facer media co resto. En caso de que o alumnado con avaliación continua non puidese realizar as Prácticas Clínicas por causas non imputables a el, o peso da avaliación recaerá no examen, é dicir, o exame terá un peso do 35%.
- Avaliación non continua
- Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria: Para o alumnado que non asista/participe nas actividades da clase (estudantes que non acrediten a súa asistencia, polo menos, ao 85% das clases) ou non entreguen algún dos traballos tutelados ou non chegue ao mínimo esixido neles ou non realice (por causa imputable a el) ou non supere satisfactoriamente as prácticas clínicas terá un exame final (100%). O exame final ten que ter unha nota igual ou
superior a 5 puntos. Os estudantes con avaliación non continua non se
poderán presentar á proba ou probas obxectivas da avaliación continua. Para o alumnado de avaliación non continua o exame incluirá unha proba mixta (con preguntas pechadas, de verdadeiro ou falso e preguntas curtas e un apartado de preguntas de desenvolvemento). - Segunda oportunidade da Primeira Convocatoria, e nas oportunidades de ulteriores convocatorias, aplicarase o sistema de avaliación por Proba Obxectiva única (100%), caso de non realizar (por causa imputable ao alumnado) ou non superar satisfactoriamente as Prácticas Clínicas, é dicir, que para superar a materia, precisará obter 5 puntos sobre 10 na proba. Se realizou e superou as Prácticas Clínicas no presente ou precedentes cursos, o peso da Proba Obxectiva será do 95% (9,5 puntos sobre 10) e o das Prácticas Clínicas un 5% (0,5 puntos sobre 10), debendo obterse no conxunto das partes (20% e 80%) unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, poderá facer o exame final (100%) e, para aprobar, terá que obter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Este alumnado terá a convocatoria de Xullo como segunda oportunidade (100%). Igualmente, para aprobar, terá que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos.
Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando non se presente ao examen nin teña realizado os traballados da aula.
Implicacións do plaxio: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".
|