Proporcionar ao alumno/a os coñecementos e as ferramentas para saber deseñar un traballo de investigación en turismo, o método a seguir, as técnicas a empregar, as fontes de datos e a forma de redacción.
A materia divídese en varias partes, tendo como obxectivo xeneral aprender a realizar tanto un traballo de investigación coma un informe para unha empresa, institución ou organización turística.
Plan de continxencia
No caso dun novo confinamento:
1. Modificacións nos contidos
Non se realizaran cambios nos contidos da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Entregaránse todos os traballos demandados por cada tema impartido. A entrega dos mesmos será a través de Moodle.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As clases e atención de dúbidas sobre os temas impartidos fanse a través de Teams.
As titorías de traballos fanse a través dun foro en Moodle e Teams, para o envío dos avances nos traballos de grupo se usará Moodle.
As exposicións de traballos grupais fanse a través de Teams, para o cal facilítarase máis tempo entre grupos e máis días para as mesmas. Solicítase o envío da presentación do grupo a través da plataforma Moodle, antes da exposición.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A través de Teams, Moodle e enderezo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
Práctica: 60%
Teoría: 40% (a través dunha proba/exame)
*Observacións de avaliación:
Para o alumnado que non houbese seguido a avaliación continua desde o inicio do curso, estará obrigado a entregar todas as tarefas requiridas ao longo do curso nas datas que se indiquen, antes da data de peche da acta de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías