Guest lecture / keynote speech |
As clases maxistrais están orientadas cara á adquisición dos coñecementos lingüísticos e culturais necesarios para a desenvolver as competencias estudadas. |
Workshop |
As clases prácticas ou "obradoiros" coinciden no sua temporalización cos temas teóricos aos que corresponden. Neles, practicaranse ben con exercicios gramaticais, ben con frases, ben con prácticas do oral, os temas abordados nas sesións maxistrais. |
Oral presentation |
O alumnado terá que facer varias presentacións orais : Entre elas : 1- Presentación do país, dunha rexión ou dunha cidade do paquete turístico desenvolvido en terceiro de grao. 2- Presentación dun monumento e dun personaxe soado do país visitado. |
Mixed objective/subjective test |
Exame escrito de 2 h de duración centrado nos coñecementos gramaticais, estruturais e lexicais do alumno así como nos seus coñecementos acerca das situacións de comunicación abordadas durante o curso e os traballos realizados. O exame constará das seguintes partes: exercicios de gramática, tipo test, tradución do español ao francés na que entrarán o vocabulario explicado, as estruturas e os puntos gramaticais abordados. Haberá igualmente un exercicio de comprensión de texto e unha redacción sobre o traballo tutelado, as presentacións orais realizadas ou sobre unha das actividades practicadas nas diferentes situacións. |