Os traballos tutelados son
obrigatorios para a avaliación e o alumno/a e terá que obter un mínimo de 5
para facer media co exame,
1ª Oportunidade: a parte práctica ten un valor dun 60%, a
parte teórica (exame) ten un valor dun 40%. Gardase a nota aprobada da parte práctica dos traballos obrigatorios feitos durante o curso ou da parte teórica (exame) para a 2ª oportunidade, sempre e cando se obteña un 5 (aprobado) en calqueda das partes.
2ª Oportunidade: No caso de ser N.P. ou suspenso (parte práctica) na 1ª oportunidade, o alumno/a poderá entregar todos os traballos obrigatorios requeridos para presentarse ao exame da 2ª oportunidade.
A nota da parte práctica (en caso de estar aprobada) gardarase só para o inmediato curso seguinte e a oportunidade adiantada.
O alumno/a obtendrá a calificación de NP se non se presenta a exame, aínda que presentase traballo durante o curso (independentemente da oportunidade)
Permitese unha dispensa de asistencia máxima dun 20%. A partires do 20% tense que xustificar por motivos de traballo, prácticas, enfermidade ou dispensa académica de exención de asistencia, de non ser así, pode quedar afectado a porcentaxe de avaliación de ambas as partes.
Ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, poderá facer os traballos obrigatorios, e
facerlos chegar ao profesor para a súa avaliación.