Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
.- Traballos tutelados mediante exercicios de expresión escrita
.- Obradoiro de tarefas e exercicios
*Metodoloxías docentes que se modifican:
.- A proba oral modificarase según as circunstancias
.- A proba mixta pasará a facerse mediante cuestionarios Moodle e tarefas.
.- Modifícase a sesión maxistral, que pasa a reducirse en duración e os contidos pasan a complementarse con vídeos, presentación e outros materiais dispoñibles para o alumnado a través de Moodle/Teams
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
.- Foro Moodle: póñense a disposición do alumnado diferentes foros para poder consultar dúbidas que podan xurdir sobre os obradoiros e traballos tutelados, así como sobre calquera outro aspecto da sinatura. Ademais abrirase un foro exclusivo para dúbidas finais que podan xurdir incluso unha vez rematada a sinatura. Os foros estarán accesibles ata o final do curso.
.- Tarefas Moodle: para cada tarefa que teña que entregar o alumnado contará cunha explicación pormenorizada dos requirimentos da tarefa na descrición do apartado correspondente en Moodle.
.- Teams: previa a realización das tarefas, traballos ou cuestionarios, destinarase un tempo de explicación verbal sobre a mesma mediante Videoconferencia onde os alumnos poderán formular tódalas dúbidas que poidan ter. Ademais destinarase unha última sesión a través de Videoconferencia para resolver tódalas dúbidas ou peticións dos alumnos, así como para facilitarlles recursos que poidan ser de axuda para complementar todo lo aprendido na sinatura e que o poidan consolidar de cara ao próximo curso.
.- Correo electrónico e mensaxes en Moodle: se ben es preferible que as dúbidas se compartan nos foros habilitados, os alumnos tamén poden poñerse en contacto co profesor a través de correo electrónico ou mensaxe de Moodle para facer consultas individuais, solicitar encontros virtuais, etc.
4. Modificacións na avaliación:
.- Traballos tutelados (30%)
.- Obradoiro (30%)
.- Cuestionarios (40%)
*Observacións de avaliación:
.- No caso de detectar en algunha das probas indicios de copia ou utilización ilícita de recursos o alumno pasará a ser cualificado na sinatura como suspenso automaticamente, con independencia das cualificacións obtidas nas probas restantes. APLICABLE A TODALAS CONVOCATORIAS.
.- Elimínase o sistema da entrega dos traballos tutelados. Non é necesario entregar as correccións nin o dosier final. APLICABLE A 1ª CONVOCATORIA.
.- Requisitos para superar a materia na 1ª OPORTUNIDADE:
1. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación.
2. Asistir e participar regularmente as sesións e actividades da clase.
3. Entregar os traballos tutelados nas datas indicadas (mínimo un 80%).
.- Requisitos para superar a materia na 2ª OPORTUNIDADE de XULLO:
1. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación:
- Traballo final 30%
- Cuestionario de comprensión lectora 20%
- Cuestionario final 50%
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
.- A cualificación final da sinatura será aquela que resulte dos cuestionarios mais os traballos tutelados. Os traballos terán que ser entregados en la fecha que se estableza, para o que o alumnado terá que estar en contacto con outros compañeiros ou ben co profesor.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. O alumnado xa dispoñe de todos os materiais de traballo ao comezo do cuadrimestre.
|