Por abordar os fundamentos da representación gráfica, recoméndase cursar a materia de Xeometría Descritiva de forma previa ou simultánea ao resto de materias da área de Expresión Gráfica Arquitectónica. PRERREQUISITOS. Recoméndase cursar a materia de Debuxo Técnico en Bacharelato ou formación equivalente xa que se considera que o alumno debe estar habituado ao uso dos instrumentos convencionais da representaciçon gráfica. Tamén debería coñecer os aspectos máis básicos dos diferentes sistemas de representación, especialmente do Sistema Diédrico así como os trazados básicos da xeometría plana (polígonos, cónicas, trigonometría elemental, etc.). |