Plan de continxencia |
Plan de continxencia
Deseñánronse dous plans de continxencia.
MODALIDADE DOCENTE HÍBRIDA
Plantexase un primeiro escenario no que debido á capacidade das aulas u outro tipo de razóns non sexa factible a docencia presencial das clases expositivas (sesións maxistrais), en tanto que a docencia interactiva e de laboratorio, ó seren grupos de menor número de alumnos, poidan seguir impartíndose de forma presencial.
Nesta situación o único cambio previsto afecta á metodoloxía docente empleada nas sesións maxistrais que realizaranse en formato on line coa axuda da plataforma Teams incluida en Office365.
Non hai cambios nos contidos da materia, ni nos mecanismos de atención persoalizada ó alumno, ni nos criterios de avaliación.
MODALIDADE DOCENTE NON PRESENCIAL
Plantéxase un segundo escenario no que ante un posible confinamento non sexa factible ningún tipo de docencia presencial. En tal caso, os cambios previstos son os siguientes:
1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense adaptándoas a modalidade telemática: sesión maxistral, traballos tutelados e probas obxectivas
*Metodoloxías docentes que se modifican
A imposibilidade de continuar utilizando as metodoloxías en formato presencial: (prácticas de laboratorio e probas mixtas) obriga a adoptar estratexias alternativas similares que faciliten as aprendizaxes con independencia das posibles continxencias relativas ó equipamiento e conexión do alumnado. Por isto, óptase por facilitar a través da plataforma Moodle a documentación necesaria para continuar avanzando no programa formativo, con videos se e preciso, e o resto das tarefas efectuaranse coa axuda da plataforma Teams incluida en Office365.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle, foro virtual, Teams, reunións virtuais e correo electrónico
Estes canais permanecerán abertos durante todo o período lectivo, respondendo o profesorado ás posibles consultas tanto durante as sesións virtuais, así como durante o horario oficial de tutorías.
4. Modificacións na avaliación
Proba obxectiva. Mantense o peso na calificación 40% e utilizaranse o procedemento de evaluación non presencial. Desenrolarase en liña mediante unha herramienta institucional (Moodle o cuestionarios de Microsoft Forms) con soporte de Teams, que facilite o aporte electrónico de respostas, imáxes ou outros tipos de documentos que permitan valorar o nivel competencial adquirido polo alumno na materia.
Os traballos tutelados xunto as probas mixtas manterán un peso na calificación 60%.
Sin embargo, as probas mixtas como estratexia utilizada na evaluación desta parte, potenciaranse a avaliación continua ó largo de todo o cuatrimestre, de forma que se poida ir avaliando o traballo do alumno semana a semana: tanto a través de traballos individuais, lecturas, foros, recoñecemento de mostras, resolución de problemas e intervencións durante as clases, que estarán enfocadas ó saber facer.
A avaliación de toda esta actividade (traballos tutelados e probas mixtas) será dun 60% e a proba obxectiva dun 40%, sendo preciso para facer media e aprobar en calqueira caso ter unha nota tanto “por curso” como no exame superior ó 5. Se non se chega a ese mínimo en cada unha das partes a nota resultante será como máximo dun 4. Para poder aprobar a parte de avaliación continua será necesario realizar como mínimo o 80% das actividades. As actividades que non se realicen terán unha calificación de 0.
*Observacións de avaliación:
Manteñense os criterios de avaliación indicados.
Os alumnos que por causas xustificadas relativas ó equipamiento informático ou de conexión, debidamente acreditadas, non puidesen realizar os exames correspondientes ás probas en liña, terán dereito á realización de ditas probas de forma oral, sendo requisito imprescindible solicitalo mediante correo electrónico ó menos 24 horas antes da data e hora do exame, tras isto serán oportunamente convocados para súa realización.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios
|