Supervised projects |
A7 A10 A15 B4 B6 C1 C5 C7 C8 |
Valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema proposto, o contido, con especial interese nas achegas do alumnado respecto ás fontes e á bibliografía utilizada, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación. Valoración, polo tanto, de contidos, achegas innovadoras, sentido crítico e argumentación.
Entregarase na data indicada polo profesorado.
Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. |
50 |
Requisitos imprescindibles: -Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un/unha alumno/a non supera o traballo tutelado non se lle avaliará a proba de resposta múltiple e viceversa. -Para superar o traballo tutelado é preciso entregalo na data indicada. -O alumnado que non entregue ou non supere o traballo tutelado e o cuestionario de avaliación, xunto co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados nos exames oficiais (primeira e segunda oportunidade) dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 50%), non podendo utilizar ningún material adicional e debendo entregar de xeito obrigatorio nesa data o traballo tutelado (cualificación: 50%). -A realización fraudulenta do cuestionario ou do traballo implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación.
|