Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
-Proba de resposta múltiple: mantense de xeito síncrono en liña, utilizándose para tal fin o Campus Virtual e Forms, xunto coa súa coordinación a través Teams e o correo electrónico. Os alumnos e alumnas que non poidan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar ao profesorado da materia tal circunstancia, ofrecendo unha motivación con suficiente antelación.
-Sesión maxistral: mantense por videoconferencia, no seu horario habitual, primando a aprendizaxe activa e participativa. Deste xeito, o profesorado reforzará as comunicacións a través do foro de novas do Campus Virtual, a retroalimentación das actividades, tamén no Campus Virtual, e a dispoñibilidade en liña para as consultas e o seguimento do alumnado.
-Lecturas: mantéñense, segundo as indicacións do profesorado da materia.
-O traballo tutelado: mantense, os alumnos e alumnas deberán entregar o traballo a través do Campus Virtual, na data indicada e seguindo as indicacións dadas polo profesorado.
*Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
-Ferramentas: correo electrónico da UDC, Teams e o Campus Virtual (retroalimentación formativa das actividades).
-Temporalización: aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. Rógase que, en primeira instancia, a comunicación se estableza a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posible concertar citas para videoconferencias a través de Teams.
4. Modificacións na avaliación:
-Proba de resposta múltiple, mediante un cuestionario en Forms e o Campus Virtual, no que se avaliarán os contidos teóricos e prácticos da materia. Tempo para a súa realización: 40 minutos. Cualificación: 40%
O alumnado pode e debe empregar e revisar toda a documentación relacionada cos temas da materia para dar resposta ás preguntas da proba.
-Traballo tutelado, os/as alumnos/as entregarán, no prazo estipulado, o traballo a través do Campus Virtual. Cualificación: 60%
*Observación da avaliación: para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un/unha alumno/a non supera o traballo tutelado non se lle avaliará a proba de resposta múltiple e viceversa. Para superar o traballo tutelado é preciso entregalo na data indicada. O alumnado que non entregue ou non supere o traballo tutelado e o cuestionario de avaliación, xunto co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados (primeira e segunda oportunidade), de xeito síncrono en liña, nos exames oficiais dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 50%), non podendo utilizar ningún material adicional (esta proba será supervisada por videoconferencia, a través de Teams) e debendo entregar de xeito obrigatorio nesa data o traballo tutelado (cualificación: 50%).
A realización fraudulenta do cuestionario ou do traballo implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: o material preciso para preparar a materia (apuntes, gravacións das clases e/ou referencias web aos textos que son imprescindibles) colgarase no Campus Virtual ou darase acceso a el a través de enlaces de Internet. |