Metodoloxías
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
Presentación oral |
|
Descrición |
Atención personalizada a través de titorías individualizadas ou en grupo, nas que se tratarán todos os problemas. Fixarase un horario de titorías que, seguindo as directrices da UDC para este curso académico, serán en liña. Nas titorías atenderanse asuntos relativos ás metodoloxías empregadas nesta materia.
Realizaranse titorías individualizadas nas que se abordarán dúbidas, interpretacións e outras cuestións vinculadas cos contidos da materia e os traballos.
Este tipo de atención terá especial peso nos traballos tutelados, para os cales o profesorado irá marcando as pautas para seguir en cada caso, podendo propoñer as variacións ou modificacións necesarias.
Apoio directo ás cuestións expostas no desenvolvemento das diferentes prácticas.
Con carácter xeral, en todas as metodoloxías aplicadas e se a situación o permite, utilizaranse tamén as titorías presenciais, o correo electrónico e o Campus Virtual. |
|