Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento
Código
710G03005
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
Anual
Primeiro
Obrigatoria
9
Idioma
Inglés
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Empresa
Coordinación
Rey Ares, Lucía
Correo electrónico
lucia.rey.ares@udc.es
Profesorado
Mato Santiso, Vanessa
Rey Ares, Lucía
Correo electrónico
vanessa.mato@udc.es
lucia.rey.ares@udc.es
Web
Descrición xeral
A xestión da cadea de subministro trata sobre a organización e deseño de todos os procesos necesarios, tanto internos como externos, para que unha empresa produza e entregue os bens e servicios demandados pola súa clientela nas condicións de lugar, tempo, calidade e custo requiridas.
Nesta materia introdúcense os conceptos teóricos básicos e as metodoloxías prácticas que permiten a resolución de diversos problemas que xorden na xestión da cadea de subministro da moda.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizan modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Todas as indicadas na guía docente, que pasan a realizarse de xeito non presencial, a través das ferramentas dispoñibles na UDC.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Non se realizan modificacións.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: canle que o alumnado poderá empregar para facer consultas, solicitar titorías virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Campus virtual: esta canle emprégase para, semanalmente, poñer a disposición do alumnado o material (presentacións, casos prácticos, exercicios...) e requirir a entrega de actividades -segundo o calendario de entregas previsto-. Disporase dun foro de carácter máis xeral, que se empregará como canle de comunicación principal do profesorado co alumnado. Ademais, o alumnado disporá dun foro específico para formular dúbidas e preguntas relacionadas coa materia. O alumnado poderá facer uso deste mecanismo de atención personalizada diariamente, segundo as súas necesidades.
- Microsoft Teams: cada semana realizaranse a través desta canle sesións expositivas e interactivas para o avance dos contidos teóricos e as actividades previstas; sesións que se realizarán na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de clases da facultade. Tamén se realizará a través desta vía o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”, así como a realización de titorías a demanda do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
- Mantense o sistema de avaliación indicado na guía docente, dado que as metodoloxías obxecto da avaliación pasarían a realizarse de forma non presencial.
*Observacións de avaliación:
- As indicadas na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. O alumnado disporá dos materiais de traballo (en concreto, presentacións, casos prácticos e exercicios) de forma dixitalizada no campus virtual. Así mesmo, as fontes de información da guía docente xa recollen algún recurso aos que o alumnado pode acceder de xeito gratuíto dende a rede.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías