A innovación transcende desde a tecnoloxía, á economía e á sociedade, facendo da xestión da innovación un factor crítico para as organizacións no século XXI.
Neste contexto, esta materia trata de proporcionar ao alumnado unha nova visión do entorno que o rodea, proporcionándolle coñecementos, ferramentas e metodoloxías para a correcta xestión da innovación nas empresas, facendo especial fincapé naquelas do sector da moda.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizan modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Todas as indicadas na guía docente, que pasan a realizarse de xeito non presencial, a través das ferramentas dispoñibles na UDC.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Non se realizan modificacións.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: canle que o alumnado poderá empregar para facer consultas, solicitar titorías virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Campus virtual: esta canle emprégase para, semanalmente, poñer a disposición do alumnado o material (presentacións, casos prácticos, exercicios...) e requirir a entrega de actividades -segundo o calendario de entregas previsto-. Disporase dun foro de carácter máis xeral, que se empregará como canle de comunicación principal do profesorado co alumnado. Ademáis, o alumnado disporá dun foro específico para formular dúbidas e preguntas relacionadas coa materia. O alumnado poderá facer uso deste mecanismo de atención personalizada diariamente, segundo as súas necesidades.
- Microsoft Teams: cada semana realizaranse a través desta canle sesións expositivas e interactivas síncronas para o avance dos contidos teóricos e as actividades previstas; sesións que se realizarán na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de clases da facultade. Tamén se realizará a través desta vía o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”, así como a realización de titorías a demanda do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
- Mantense o sistema de avaliación indicado na guía docente, xa que as metodoloxías obxecto de avaliación pasarían a realizarse de xeito non presencial.
*Observacións de avaliación:
- As indicadas na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. O alumnado disporá dos materiais de traballo (en concreto, presentacións, casos prácticos e exercicios) en formato dixital no campus virtual. Así mesmo, as fontes de información da guía docente xa recollen algún recurso aos que o alumnado pode acceder de xeito gratuíto dende a rede.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías